Miguel Ángel Tena García, coñecido como Tena, nado o 17 de xaneiro de 1982 en Almassora (Castelló), é un exfutbolista e adestrador profesional español.

Traxectoria Tena chegou ao Villarreal CF no ano 2003 procedente dos seus veciños do Valencia CF, despois de terminar a súa formación futbolística con este último. Despois dunha fichaxe infrutuosa ao Real Madrid Castilla, fixo o seu debut profesional na Primeira división na tempada 2003-04, aínda que tan só aparecería nun partido de liga co seu novo club, nunha derrota por 1-2 fronte o Osasuna, sendo substituído á hora de xogo.

Posteriormente Tena continuou a súa carreira na Segunda Divisón, primeiro co Racing de Ferrol, para pasar a xogar durante tres tempadas co Polideportivo Ejido, e posteriormente Levante, Elche e Córdoba, onde tras tres anos se converteu nun dos capitáns do conxunto. Xogou en total máis de 200 partidos oficiais na categoría, con 17 goles anotados até 2013 xogando de defensa central. O 9 de xaneiro de 2013 rompe a súa relación co Córdoba para asinar un contrato por ano e medio co Club Deportivo Lugo. Tras non gozar de moitos minutos no club lucense, asina poloa Cádiz CF e posteriormente o Racing de Ferrol de Segunda B.

Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesValencia BSegunda B2001-2002220Valencia BSegunda B2002-2003140Villarreal BTerceira2003-2004Villarreal CFPrimeira2003-200410Racing de FerrolSegunda2004-2005391Poli EjidoSegunda2005-2006354Poli EjidoSegunda2006-2007373Poli EjidoSegunda2007-2008170LevanteSegunda2008-2009195ElcheSegunda2009-2010220CórdobaSegunda2010-2011344CórdobaSegunda2011-2012210CórdobaSegunda2012-201360LugoSegunda2013121LugoSegunda2013-201420CádizSegunda B2014161Racing de FerrolSegunda B2014-2015260

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbolme.com Datos do xogador en resultados-futbol.com

Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Club Polideportivo Ejido Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Racing de Ferrol Categoría:Nados en Almassora Categoría:Nados en 1982