é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 17 de abril do 2004.

En galego, estreouse na TVG o 3 de xaneiro do 2013.

Sinopse Unha famosa actriz recibe unha nota de Caco Kid que ameaza con roubar o seu zafiro, "a pedra da sorte". Esa mesma noite o roubo terá lugar no teatro onde se representará a derradeira función da obra na que participa a actriz.

Conan e os seus amigos pensan que Caco Kid aparecerá durante a representación, pensando que se ha disfrazar de alguén a quen coñecen. Entón, a policía preséntase cun asistente, o detective adolescente Shinichi Kudo. Mais Conan sabe que o Shinichi que está en fronte deles é Caco Kid, xa que el é o verdadeiro Shinichi, pero non pode revelar a súa verdadeira identidade. A oportunidade para capturar o ladrón chegará no momento do final da representación, pero Caco Kid subirá ata a azotea e sairá voando polo ceo.

Despois, Conan e os demais son convidados pola actriz a unha festa na súa casa de campo, polo que terán que viaxar en avión ata Hakodate. Conan pensa que Caco Kid pode estar dentro do avión, disfrazado. É entón cando a actriz cae ao chan despois de comer un bombón de chocolate. Poderá Conan resolver o caso nun lugar tan pequeno e pechado como é un avión?

Dobraxe Estudio: SODINOR S.A. Data: 2012. Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea. Tradución: María Alonso Seisdedos. Elenco da dobraxe: Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal Conan EdogawaTeresa SantamaríaMinami TakayamaShinichi KudoGaspar SomozaKappei YamaguchiRan MouriIsabel VallejoWakana YamazakiKogoro MouriMatías BreaAkira KamiyaHiroshi AgasaPaco BarreiroKenichi OgataInspector MegureAlfonso ValiñoFurin ChaGenta KojimaAntón ReyWataru TakagiMitsuhiko TsuburayaMontse DavilaIkue OtaniAyumi YoshidaMarián MuíñoYukiko IwaiSonoko SuzukiNora AbadNaoko MatsuiInspector ShiratoriCésar CambeiroKazuhiko InoueAxente TakagiManolo PombalWataru TakagiAi HaibaraChelo DíazMegumi HayashibaraCaco KidChema GaginoKappei YamaguchiGinzo NakamoriAntón OlmosUnsho IshizukaEri KisakiCharo PenaGara TakashimaJuri MakiXermana CarballidoKeiko TodaBunjiro NarasawaCoté SansegundoKatsuji MoriToru BanAlfonso AgraHidekatsu ShibataNatsuki SakaiAna LemosKyoko HikamiIsao ShinjoÓscar FernándezShinichiro MikiTenko TajimaAna MaciñeirasSaeko ShimazuMasayo YaguchiBeatriz GarcíaAya HisakawaComandante NakayaSantiago CortegosoDaiki NakamuraCopilotoMonti Castiñeiras?Comandante ShimaokaSantiago CortegosoMasashi SugawaraUesugiXavier PerdizTetsuo Kaneo

Música A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "Dream x Dream" (Soño por soño), interpretada por Rina Aiuchi.

Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 2005.

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de O detective Conan Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes de Toho Categoría:Filmes de 2004 con versión en galego