A pneumonía eosinofílica aguda (PEA ou NEA) é unha doenza pulmonar agrupada dentro das chamadas eosinofilias pulmonaresHarrison Principios de Medicina Interna, 17a edición; Capítulo 249. Neumonites por hipersensibilidade e infiltrados pulmonares con eosinofilia. É de etioloxía descoñecida, polo que o diagnóstico desta doenza só se pode establecer cando non se poida facer o diagnóstico doutras doenzas que causen eosinofilia pulmonar. A diferenza da pneumonía eosinofílica crónica, que ten un curso crónico e un comezo insidioso, a PEA é un proceso agudo que cursa principalmente con febre de poucos días de evolución e insuficiencia respiratoria. En moitos casos, por mor da gravidade da afectación respiratoria, cómpre asistir ao doente con ventilación mecánica. O diagnóstico establécese principalmente por radioloxía e por medio dun lavado broncoalveolar. Na radioloxía de tórax obsérvanse infiltrados alveolares ou intersticiais de eosinófilos, e no lavado broncoalveolar obxectivaríase un porcentaxe de eosinófilos en sangue de máis dun 25%. os niveis de IgE sérica poden estar aumentados nalgúns doentes. Tamén adoita ser frecuente o derramamento pleuralIdiopathic Acute Eosinophilic Pneumonia; American Journal of Respiratory and Critical Care Medicine. 2002.
O tratamento baséase no uso de corticoides, sobre todo metilprednisolona a doses altas até se resolver a insuficiencia respiratoria, e a doses menores durante 4 semanas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eosinofilia pulmonar
Ligazóns externas PDF Pneumonía eosinofílica aguda idiopática: Estudo de 22 pacientes. Franc¸ois Philit, Bénédicte Etienne-Mastroïanni, et. al
Categoría:Eosinofilias pulmonares