Morten (ou Martin) Thrane Brünnich, nado en Copenhaguen o 30 de setembro de 1737 e finado o 19 de setembro de 1827, foi un zoólogo e mineraloxista danés.

Traxectoria Fillo dun pintor especializado en retratos, estudou en primeiro lugar linguas orientais e teoloxía. Pero, despois de ler obras de Carl von Linné, orientouse axiña cara á historia natural.

Participou na elaboración do Danske Atlas (1763-1781) de Erik Pontoppidan (1698-1764), achegando observacións sobre os insectos. Despois de facerse cargo das coleccións de historia natural de Christian Fleischer dedicouse ao estudo concreto da ornitoloxía, publicando en 1763 Ornithologia Borealis, a primeira fauna aviaria ártica, na que describe por primeira vez numerosas especies. Nela describe, por exemplo, as especies recollidas por Fleischer na península de Boothia (norte do Canadá). O mesmo ano deu á luz un libro de entomoloxía e un tratado sobre os éideres.

Brünnich mantivo correspondencia con numerosos naturalistas estranxeiros, entre eles Carl von Linné, Peter Simon Pallas e Thomas Pennant.

Publicou a súa famosa Entomologia en 1763. Comeza entón un longo periplo por Europa, estudando especialmente os peixes do mar Mediterráneo e as minas de Cornualla e de Hungría. Publicou o resultado das súas observacións ictiolóxicas en 1768 baixo o título de Icthyologia Massiliensis.

Á súa volta, Brünnich ocupou un posto de lector de historia natural e de economía na universidade de Copenhaguen. Alí fundou un museo de historia natural e escribiu un manual escolar, os Zoologiae fundamenta.

Nos últimos anos da súa vida dedicouse principalmente á mineraloxía.

Principais publicacións Prodromus insectologiæ Siælandicæ. Kopenhagen 1761. Die natürliche Historie des Eider-Vogels. Kopenhagen 1763. Eder-Fuglens Beskrivelse. Kopenhagen 1763. Tillæg til Eder-Fuglens Beskrivelse. Kopenhagen 1763. Entomologia. Godiche, Kopenhagen 1764. Ornithologia borealis. Kall & Godiche, Kopenhagen 1764. Ichthyologia Massiliensis. Roth & Proft, Kopenhagen, Leipzig 1768. Appendix to Cronstedt's Mineralogy. Londres 1772. Zoologiæ fundamenta praelectionibus academicis accommodata. Pelt, Kopenhagen 1771/72. Mineralogie. Simmelkiær & Logan, Kopenhagen, St. Petersburg 1777-81. Dyrenes Historie og Dyre-Samlingen ud Universitetes Natur-Theater. Kopenhagen, 1782. Literatura Danica scientiarum naturalium. Kopenhagen, Leipzig 1783. Catalogus bibliothecæ historiæ naturalis. Kopenhagen 1793. Historiske Efterretninger om Norges Biergverker. Kopenhagen 1819. Kongsberg Sölvbergwerk i Norge. Kopenhagen 1826.

Abreviartura A abreviatura Brünnich emprégase para indicar a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén Bibliografía Barbara Mearns e Richard Mearns (1988): Biographies for Birdwatchers: The Lives of Those Commemorated in Western Palearctic Bird Names. Londres: Academic Press. ISBN 0-12-487422-3.

Categoría:Xeólogos de Dinamarca Categoría:Zoólogos de Dinamarca Categoría:Nados en 1737 Categoría:Finados en 1827 Categoría:Ornitólogos de Dinamarca