TRS 5 (Tetrahedron Research Satellite 5), tamén denominado ERS 12, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 17 de outubro de 1963 mediante un foguete Atlas-Agena D desde Cabo Cañaveral.
Características TRS 5 foi o quinto membro exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. TRS 5 foi lanzado xunto cos satélites Vela 1 e Vela 2. Levaba a bordo un experimento consistente nun detector omnidireccional para medir a enerxía das partículas cargadas na magnetosfera, en concreto para electróns entre 0,5 e 5 MeV e para protóns no intervalo entre 10 e 20 MeV e entre 50 e 100 MeV. O satélite foi inxectado nunha órbita inicial de 103.852 km de apoxeo e 208 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 36,69 graos e un período de 39 horas. Reentrou na atmosfera o 5 de febreiro de 1966.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Environmental Research Satellites
Categoría:Environmental Research Satellites