María Susana López Abella, nada en Taboada o 14 de maio de 1967, é unha xornalista e política galega do PPdeG.

Traxectoria Cursou estudos de Dereito e Ciencias Empresariais na UNED. Foi delegada e locutora de Radio Faro de Chantada (1990-1999). Foi concelleira de Cultura e segunda tenente de alcalde de Chantada (1999-2003). Foi elixida parlamentaria pola provincia de Lugo nas eleccións autonómicas de 2001. Volveu ser concelleira en Chantada en 2007, se ben o partido pasou á oposición, e en novembro de 2008 foi elixida presidenta do Partido Popular de Chantada en detrimento do exalcalde Manuel Lorenzo Varela Rodríguez,Susana López desbanca a Manuel Varela á fronte do PP de Chantada o cal motivaría a posterior escisión deste. Mantívose na presidencia ata en 2013 sen chegar a ser candidata á alcaldía, xa que en 2009 foi nomeada Secretaria Xeral de Familia e Benestar trala vitoria de Alberto Núñez Feijóo nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009, polo que renunciou como concelleira. Dende decembro de 2012 é Secretaria Xeral da Igualdade, cargo no que se mantivo tralos comicios de 2016 e 2020.

En xuño de 2023, tomou posesión como deputada no Parlamento de Galicia substituíndo a Daniel Vega, quen dimitiu ao ser elixido alcalde de Ribadeo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Susana López Abella, Secretaria Xeral da Igualdade Ficha en galegos.info

Categoría:Concelleiros de Chantada

Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG

Categoría:Nados en Taboada Categoría:Nados en 1967 Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia