O monte Faro, ou Monte do Faro, é, con 1187 metros, o pico máis alto da serra do Faro e un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC). O monte marca o límite de separación natural entre os concellos de Chantada e Rodeiro e dende el poden divisarse as catro provincias galegas.

Flora e fauna Flora No espazo hai zonas con queirogais secos e vexetación de trebeiras e brañas como gramías de ciclo anual. Os prados están en solos calcarios, de arxilas ou turbosos. Os bosques son polo xeral de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior e carballeiras de Quercus robur e Quercus pyrenaica.

Fauna As especies en risco presentes no espazo natural son o invertebrado Lucanus cervus, o anfibio Discoglossus galganoi, os réptiles Chioglossa lusitanica e Lacerta schreiberi, e os mamíferos Barbastella barbastellus, Lutra lutra, Myotis myotis, Rhinolophus ferrumequinum, Rhinolophus hipposideros.

Patrimonio Etnografía Romarías miniatura|dereita|250px|Monte Faro visto desde San Cristovo. Preto da cima nunha especie de chaira atópase o santuario da Nosa Señora do Faro. Hai dúas Romarías do Faro, a primeira celébrase o día 15 de agosto e, a segunda e principal, o 8 de setembro. Consérvanse dúas imaxes da Virxe do Faro, unha permanece sempre no santuario e a outra na igrexa de Requeixo. Segundo os veciños esta segunda virxe que ten o manto de Inmaculada de cor branca é "filla" da primeira. Esta sobe en procesión o día 7 a visitar a "nai" e o día 9 volve a baixar.

Ata o santuario achéganse veciños de toda a comarca movidos pola fe na Virxe de Faro. Os romeiros que se ofrecen soben de xeonllos por unha pendente chamada costa das cruces para pedirlle favores a Nosa Señora do Faro considerada unha das máis milagreiras. Tamén a tradición leva os devotos a non marchar sen levar ou beber auga da fonte milagreira.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Monte Faro Categoría:Montañas de Galicia Categoría:Chantada Categoría:Rodeiro Categoría:Peregrinación