Maria do Céu Fernandes Faria, máis coñecida simplemente como María do Ceo, nada no Porto (Portugal) en 1959, é unha cantante de fado galega.

Traxectoria Nada na cidade do Porto, con 11 anos trasladouse a Ourense, cidade na que reside dende entón. Traballou de caixeira nun supermercado ata que en 1993 deu o salto ao mundo do fado, aproveitando o potencial da súa voz.

Carreira musical Dende os seus inicios gravou ao redor de 8 discos, cantando cancións inspiradas moitas das veces na fadista portuguesa Amália Rodrigues. Durante a súa extensa carreira ofreceu concertos e actuacións en diferentes países: España, Portugal, Alemaña, Francia, Suíza, Italia, Alxeria, Exipto, Uruguai e Arxentina. No ano 2011 compuxo o himno do Couto Mixto.

Discografía Álbums de estudio 1997: Cartas de amor 1999: Vellas lembranzas 2002: Al rescate del alma 2004: Fados… e outras músicas 2005: Panxoliñas-Villancicos 2006: Dúas almas do Miño 2007: Tan lonxe, ao longe 2008: No bico un cantar 2010: Celme encantado 2011: Fado com outro acento 2014: Soños Cumpridos 2016:Años Después 2017:De Portugal a Galicia. Fado 2017: Canciones infantiles 2019: A fadista 2019: Escolma Imposible e Incorrecta 2022: Galicia nai. No que lle pon música e voz a poemas de: Rosalía de Castro, Neira Vilas, Armando González López, Ricardo Carvalho Calero, Xosé Velo e Manuel María.

Colaboracións 2001: Etnika: Los Sonidos de Galicia «O Señor Vinho» e «O Primeiro Amor» 2006: Atox: Real Banda de Gaitas da Diputación Provincial de Ourense 2007: Himno Gallego 2011: Fios de vida (colaboración con Enrique Ramil) 2012: México Lindo: Homenaje a Chavela Vargas - «Piensa en Mí» Puedes llegar Ese niño diferente. La Rebotica.

Premios 2000: nomeada membro da Enxebre Orde da Vieira pola difusión da cultura galega na cidade de Lisboa. 2004: premio Vieira de prata á calidade artística, entregado pola Enxebre orde da vieira, en Santiago de Compostela. 2004: Placa a la mejor trayectoria artística entregada por El Correo Gallego en el Auditorio de Galicia. 2007: Disco de Platino Gallego, por vender 4.000 exemplares de seu traballo Dúas almas no Miño. 2011: Castaña de Cristal do Festival das Artes Escénicas de Riós. 2010: é recoñecida como Xuíz Honorario do Couto Mixto. 2013: premio Alecrín dorado entregado pola Federación de Entidades Galegas en Cataluña (Fegalcat) pola súa colaboración permanente. 2015: é nomeada filla adoptiva de Xinzo de Limia. 2016: premio Rebulir de Cultura Galega, por establecer lazos musicais entre as dúas beiras do Miño.

Notas

Categoría:Cantantes de Portugal Categoría:Personalidades do fado Categoría:Nados no Porto Categoría:Cantantes en lingua galega