Xosé Ramón Paz Antón, nado no Porriño en 1957, é un músico, pintor, escritor e político galego.
Traxectoria Membro fundador do grupo musical Na Lúa (1980), compartiu este labor coa actividade plástica a partir da década dos noventa. Uns anos despois comeza a publicar artigos e libros sobre historia contemporánea e musicoloxía. Foi concelleiro do BNG no Porriño no período 1991-2003 e en 2011. Elixido parlamentario pola provincia de Pontevedra nas eleccións autonómicas de 2005, presidiu as Comisións de Industria e Emigración do Parlamento galego. En 2012 pediu a baixa no BNG e tamén como concelleiro con Raúl Francés e Victoria Cardoso."Lo que pasó en el BNG fue un divorcio y la vida pondrá a cada uno en su sitio", artigo en Faro de Vigo, 20 de abril de 2012 .
Exposicións Algunhas exposicións individuais: 26 Pinturas Neomíticas (1993), Viaxe Interior (1995), Individual en Galería Trisquel e Medulio (2002), Música Plástica (2011), Revisións (2015).
Discografía Con Na Lúa Na Lúa (1985). A estrela de Maio (1987). Ondas do mar de Vigo (1988). Contradanzas (1991). Peliqueiro (1994). Os tempos son chegados (1997). Feitizo (1999). As fases de Na Lúa (2001).
Con Uxía Foliada de marzo (1986). Entre cidades (1991). Obras O Porriño 1936, 2007. Bandas, músicos e orquestras do Porriño, 2009. O compositor Antonio Paz Valverde e a Coral Polifónica, 2010. Salceda en festa. Historia das bandas de música de Salceda de Caselas, 2011. O Doutor Zunzunegui, 2015. Crónicas do fútbol na Gándara, 2017. Antonio Palacios, unha viaxe por Galicia (2019). Ed. de Xosé Ramón Pan Antón. Engaiolarte. 176 páxs. ISBN 978-84-949007-2-3. Obras colectivas O Porriño-Bibliografías (2005) con Albino Alonso e David Pérez. O Miño, unha corrente de memoria (2008). Facianas da represión franquista en Terra de Montes (2011) con Dionísio Pereira. Bandas de Pontevedra (2014).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Concelleiros do Porriño Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 1957 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes