María Amparo González Méndez, nada en Ourense en 1973, é unha economista e política galega do PPdeG.
Traxectoria Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi directora de Formación e Emprego da Confederación Empresarial de Ourense (2003-2005) e secretaria xeral da Federación Galega de Asociacións de Instaladores Eléctricos e Telecomunicacións (FEGASINEL). Foi elixida parlamentaria pola provincia de Ourense nas eleccións autonómicas de 2005. En 2009 foi nomeada directora xerente da Funga e en febreiro de 2012 directora xeral de Promoción do Emprego. En decembro de 2012 nomeárona Directora Xeral de Familia e Inclusión.
Véxase tamén Ligazóns externas María Amparo González Méndez Directora Xeral de Familia e Inclusión Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1973