A segunda guerra civil de Costa do MarfilIvory Coast News - Breaking World Ivory Coast News - The New York Times 14 de abril de 2011.BBC - Andrew Harding on Africa Civil war, Ivory Coast-style 9 de abril de 2011. iniciouse o 25 de febreiro de 2011 cando empezaron os combates entre as forzas leais ao presidente electo e o de facto no oeste do país.Fighting flares in western Ivory Coast News.com.au 7 de marzo de 2011.

O conflito armado debeuse á escalada de violencia que vivía o país pola crise política producida polo descoñecemento da vitoria do líder opositor Alassane Ouattara por unha estreita marxe de votos na segunda volta das eleccións presidenciais do 28 de novembro de 2010 que derrotara o presidente Laurent Gbagbo, quen contaba coa lealdade das forzas armadas para perpetuarse no poder pero cun gran rexeitamento por parte do pobo e a comunidade internacional.

Tras teren quedado claras as posturas de ambos os bandos, a comunidade internacional ao completo (cabe destacar a Unión Europea, Estados Unidos, a Organización das Nacións Unidas, a Unión Africana ou a Comunidade Económica de Estados de África Occidental) pronunciouse a favor dos resultados proclamados pola comisión electoral que daban a Outtara como vencedor nas eleccións.UN: Ivory Coast Crisis Not Over Yet | Africa | English - VOA news 11 de abril de 2011.

Despois de meses de negociacións infrutuosas e a violencia esporádica entre os partidarios dos dous lados, protestas reprimidas polo exército e a policía e ataques a opositores políticos entre os distintos bandos, a crise converteuse nunha guerra civil cando as milicias de Ouattara tomaron o control do norte do país durante o marzal de 2011, atrincheirándose Gbagbo na ex-capital e cidade máis grande do país, Abidjan.

As organizacións internacionais informaron de numerosos casos de violacións de dereitos humanos por ambas partes, en particular, na cidade de Duékoué, onde o 29 de marzo polo menos 800 persoas foron masacradas por milicianos de ambos bandos.Pro-Ouattara forces launch palace assault - Africa - Al Jazeera English 5 de abril de 2011. Mentres as tropas rebeldes avanzaban cara ao sur, tomando a capital, Yamoussoukro, o 30 de marzo, sen resistencia,Pro-Ouattara forces reach Ivorian capital | Top News | Reuters 30 de marzo de 2011. as forzas da ONU e Francia deron apoio militar ás forzas do goberno electo.Strikes by U.N. and France Corner Leader of Ivory Coast - NYTimes.com 4 de abril de 2011.

Ao día seguinte (31 de marzo) as milicias de Ouattara entraron en Abixán producíndose unha gran batalla pola cidade. Uns 2.000 a 3.000 rebeldes entraron nela mentres o presidente electo declaraba un toque de queda de tres días. Cando as tropas internacionais interviron especialmente na loita pola cidade, a Gbagbo quedáballe só unha pequena fracción das súas forzas, na súa maioría da súa garda persoal ou mozos milicianos. Moitos dos seus oficiais desertaran pasándose ao outro bando ou escapado do país.Rebels wonder; where did Gbagbo go - Times LIVE 1 de abril de 2011.

A batalla de Abidjan deuse por finalizada coa captura de Gbagbo na súa residencia o 11 de abril dándose por acabada oficialmente tamén a guerra civil.Ivory Coast strongman arrested after French forces intervene - The Washington Post 11 de abril de 2011.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Primeira guerra civil de Costa do Marfil

Categoría:Guerras civís en Costa do Marfil Categoría:Guerras do século XXI Categoría:2011 Categoría:2010