Carol Ann Bartz, nada o 29 de agosto de 1948, en Winona, Minnesota, foi Directora executiva de Yahoo! desde o 13 de xaneiro de 2009 até o 6 de setembro de 2011. Anteriormente foi Directora, Presidenta e CEO de Autodesk, a cuarta empresa máis grande do mundo de software de empresa para PC desde 1992 até 2009. Os ingresos netos de Autodesk aumentaron de 285 millóns de dólares a máis de 534 millóns durante o seu mandato.

Cando Carol foi contratada por Yahoo a principios de 2009 o seu salario era de 1 millón de dólares anuais. O 6 de setembro de 2011, Bartz foi destituída do seu cargo en Yahoo (vía telefónica), e o director financeiro Tim Morse foi nomeado novo director executivo da empresa. O despedimento de Carol custoulle a Yahoo 14 millóns de dólares.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "Carol Bartz Videos & Lectures from Stanford's Ecorner"

Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados no condado de Winona, Minnesota‎ Categoría:Personalidades da informática Categoría:Yahoo!