Ramón Pardo Arias, nado en Santiago de Compostela o 17 de abril de 1909 e finado en Ferreira de Pantón (Pantón) o 27 de abril de 1998, foi un político galego. Traxectoria Fillo de Esperanza Arias Sanjurjo -irmá do intelectual Joaquín Arias Sanjurjo- e Ramón Pardo Salgado. Foi alcalde de Pantón desde o 13 de xullo de 1963 ata as eleccións municipais de 1979, e propietario do pazo de Ferreiroá en San Xulián de Eiré (Pantón).

Vida persoal Dunha relación nos anos corenta con María Asunción Gil Paradela, filla de Andrés Gil Municio, naceu o 19 de outubro de 1949, a súa filla a actriz Fiorella Faltoyano, a quen non recoñeceu. En 2012 unhas probas de ADN demostraron a súa paternidade, cando el xa falecera. Non tivo máis fillos. Está soterrado no camposanto de Deade.

Notas

Categoría:Alcaldes de Pantón Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes