Amaral é un cráter do planeta Mercurio. Ten un chan liso, con depósitos importantes o redor do cráter procedentes do material expulsado trala formación do cráter, posúe varios pequenos cráteres secundarios no seu interior e un de tamaño medio que está cara ao norte (preto do bordo), o seu bordo é complexo, con moitos socalcos e chanzos, e sobre todo ten un complexo pico central. O cráter semella visiblemente máis novo cá superficie chea de cráteres que hai en torno a el.

O seu pico central

Pero a característica máis interesante de Amaral é o seu pico central. Este pico central está formado en realidade por un conxunto de pequenos picos moi fragmentados o redor dun macizo central máis grande e moito menos fragmentado. As características deste pico central son semellantes ás do cráter Eminescu, o cal posúe grandes formacións de depresións entre os riscos que forman o pico central, esta característica vista en Eminescu é un indicio para a procura destas depresións entre os riscos brillantes de Amaral.

A cor do pico central observada en imaxes realzadas en cor, tamén chama a atención. O pico central de Amaral aparece cun brillante azul en contraste coas tonalidades laranxas do material da superficie que hai nas proximidades. A cor diferente do pico central probablemente indica rochas con diferente composición química respecto das rochas que hai na veciñanza.

Notas

Categoría:Cráteres de Mercurio