Fran Paredes, nado en Moaña en 1972, é un actor galego.
Traxectoria Licenciouse en Filoloxía inglesa pola Universidade de Vigo en 1997. Como actor participou en numerosas montaxes tanto en teatro escolar e amador, ligado ao grupo Teatrofia Teatral dirixido por Asución Sóñora e posteriormente no grupo Teatro Aurín de Pedro Pablo Riobó, como en compañías profesionais entre as que destacan Teatro de Ningures e Teatro do Morcego e o proxecto Llullu Teatro do que foi cofundador. Actor tamén de audiovisual en numerosas curtas, series para televisión e cine. É tamén tradutor da obra A gata sobre o tellado de zinc quente, para Teatro Aurín. Colaborou en 2007 e 2008 coa ESAD como actor na sinatura de dirección de actores. Tamén participou na dirección de diversos espectáculos.
Teatro Our day out, de Willie Russell (1993) O tendal, de Pedro P. Riobó (1993) A gata sobre o tellado de zinc quente, de Tennessee Williams (1994) Nai Coraxe e os seus fillos, de Bertolt Brecht (1995) Communication problems, vv. aa (1995) Epifanías, vv. aa. (1997; dramaturxia de Pedro P. Riobó) Ñaque, ou de piollos e actores, de J. Sanchis Sinisterra (1999: dirección de Salvador del Río Pérez) Veñan máis quince (1999; dramaturxia de Pedro P. Riobó) Os piratas. A branca-rosa, de Sans e Barbany (2000: dirección de Celso Parada) Supertot, de Benet i Jornet e Puértolas (2000) O circo enmeigado, ou a Amazona e os excéntricos, de Rafael Dieste (2001: dir: Salvador del Río Pérez) Fausto, de Christopher Marlowe (2001: dirección de Etelvino Vázquez) Círculo, de Suso de Toro (2002: dirección de Etelvino Vázquez) O Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry (2002: dirección de Salvador del Río Pérez) Troianas, de Eurípides (2004: dirección de Etelvino Vázquez) Un tranvía de nome desexo, de Tennessee Williams (2004: dirección de Damián Contreras) A farsa do Bululú, de Manuel María (2005: dirección de Celso Parada) O circo enmeigado, de Rafael Dieste (2005: versión e dirección de Celso Parada) Tartufo, de Molière (2005: dirección de Etelvino Vázquez) Misericordia, de Benito Pérez Galdós (2006; dirección de Etelvino Vázquez) O caso da Rúa Lourcine, de E. Laviche (2006: dirección de Xan Cejudo) Emigrados (2007; vv.aa.; dirección de Etelvino Vázquez) Bailadela da morte ditosa, de Roberto Vidal Bolaño (2008; dirección de Etelvino Vázquez) Atra bile, de Laila Ripoll (2009; dirección de Etelvino Vázquez) Os cómicos dell’auto (2009) María Soliña (2009) Ñaque, de Sanchis Sinisterra (2009; dirección de Salvador del Río Pérez)
Cine Heroína, de Gerardo Herrero (Continental Producións, 2004) Unha muller invisible, de Gerardo Herrero (Continental Producións, 2006) De la misma sangre, curtametraxe de Óscar Galansky (2008)
Televisión Cota Vermella, de Jordi Frades. Zenit- Castelao (2003) Rías Baixas, capítulos 67 a 74 e 162 (TVG, 2003) A vida por diante, capítulo 55 (TVG, 2007) Serramoura, como Gonzalo Soutelo (TVG, 2014-2015) Fontealba Fariña, capítulo 6 (Antena 3, 2018) O sabor das margaridas, como Miguel (TVG, 2018) O Faro
Véxase tamén Bibliografía López, Yolanda; Paredes, Xavier; et ali (2005): Catálogo de dramaturgos galegos. 1973-2004. CDAEMGA, Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, 2005.(Índice de tradutores)
Categoría:Actores de Moaña Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Moaña Categoría:Dramaturgos en lingua galega