OV5 4 (Orbiting Vehicle 5 4), tamén denominado ERS 21, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 26 de setembro de 1968 mediante un foguete Titan IIIC desde Cabo Cañaveral.

Características OV5 4 foi un dos membros exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. OV5 4 foi lanzado no mesmo foguete que OV5 2 e estivo adicado ó estudo da transferencia de calor en líquidos en gravidade cero como parte do programa SNAP para o deseño de sistemas de propulsión. O experimento fallou prematuramente. OV5 4 foi inxectado nunha órbita inicial de 35.768 km de apoxeo e 35.759 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 3,0 graos e un período de 1435,8 minutos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Environmental Research Satellites

Categoría:Environmental Research Satellites