Natalya Shmarenkova, máis coñecida como Kamaliya Zahoor (ucraíno: Камалія Захур, ruso: Камалия Захур) nada en Zabaykalye, Rusia o 18 de maio de 1977, é unha cantante, modelo e actriz ucraína. Tamén foi Mrs. Mundo 2008.
Biografía Kamaliya naceu en 1977 en Zabaikallye, Chita Oblast, Rusia. Cando a súa familia trasladouse a Lviv, ela tivo clases de violín e de ópera, e ao mesmo tempo na escola, ela participou en moitos concertos. Os seus esforzos foron observados e ela recibiu unha invitación para cantar co grupo de música folk ucraína "Halytska Perlyna"
En 2003, Kamaliya casou con Mohammad Zahoor, un empresario británico / paquistaní. Kamaliya tamén está implicada en proxectos de caridade en Ucraína e Paquistán.
En 2004, o Presidente de Ucraína concedeulle a Kamaliya o título de artista Honrado de Ucraína polas súas realizacións notables no desenvolvemento da cultura ucraína. Nacionalidade Aínda que naceu en Rusia, dende pequena vive en Ucraína, polo que ten a nacionalidade Ucraína e non a rusa.
No 2003, cando casou con Mohammad Zahoor ela adquiriu a dobre nacionalidade Ucraína - Paquistán.
Concursos de beleza En 2003, ela converteuse en "Miss Ucraína do Sur" e "Miss Open - Odessa".
O 30 de xuño de 2008, Kamaliya venceu o concurso Mrs. Mundo. O evento tivo lugar en Kaliningrado, en Rusia. Ela clasificouse no top cinco de competidoras, que foron as seguintes: Sra Ucraína, Sra Belarús, Sra Vietnam, Sra Perú e Sra Singapur.
En 2009 estaba en Vietnam para pasar a súa coroa para a Sra. Mundo de 2009 a Sra Rusia, Victoria Radochinskaya.
Carreira cinematográfica O primeiro papel de Kamaliya nunha película, foi na comedia Muzh Moey Vdovy (ruso: Муж моей вдовы | galego: O marido da miña viúva) por Leonid Gorovets. O filme tivo o seu lanzamento o 1 de abril de 2010 en Ucraína e Rusia
Carreira musical Singles "Crazy In My Heart" (2012) "Rising Up" (2012) "Arrhythmia" (2012) "Butterflies" (2012) "Arrhythmia" (2012)
Albumes de estudo "Techno Style" (1997) "Kamaliya, With Love" "Year Of The Queen" "Kamaliya" (2012) "Club Opera" (2012)
Categoría:Cantantes de Ucraína