OV5 5 (Orbiting Vehicle 5 5), tamén denominado ERS 29, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 23 de maio de 1969 mediante un foguete Titan IIIC desde Cabo Cañaveral.
Características OV5 5 foi un dos membros exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. OV5 5 foi lanzado no mesmo foguete que OV5 6 e estivo adicado ó estudo dos efectos da radiación solar e a magnetosfera terrestre mediante o uso dun detector de plasma, un sensor de altitude, un magnetómetro e sete detectores de partículas. OV5 5 foi inxectado nunha órbita inicial de 111.727 km de apoxeo e 16.866 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 32,9 graos e un período de 3119,6 minutos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Environmental Research Satellites
Categoría:Environmental Research Satellites