Álvaro Núñez Marcial, nado en Vigo o 21 de decembro de 1912 e finado o 3 de xullo de 1992, foi un futbolista galego máis coñecido como Alvarito, que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria Tralo parón que supuxo a Guerra Civil Española o Celta de Vigo afrontaba a tempada 1939/40 co reto de debutar en Primeira División e obter a permanencia.

Con este propósito chegan moitos novos xogadores ao club, entre eles Alvarito. Debutaba en partido oficial o 3 de decembro de 1939 ante o Real Zaragoza, con resultado de derrota por 3-2.

Tras cinco tempadas no club e a nefasta tempada 1943/44 que supuxo o descenso a Segunda División, ao so acadar 9 puntos, deixa o Celta de Vigo ao igual que Mundo e Agustín.

Alvarito aínda xogaría en Primeira División dúas tempadas máis, esta vez no Real Murcia.

Vida persoal Casou en agosto de 1935 con Dolores García Méndez.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1912 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Unión Sporting Club Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Finados en 1992 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes