OV5 6 (Orbiting Vehicle 5 6), tamén denominado ERS 26, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 23 de maio de 1969 mediante un foguete Titan IIIC desde Cabo Cañaveral.
Características OV5 6 foi un dos membros exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. OV5 6 foi lanzado no mesmo foguete que OV5 5 e estivo adicado ó estudo dos raios X e a radiación solar (electróns e protóns) coa finalidade de desenvolver técnicas de xestión de datos en tempo case real para o seu uso por parte do Centro de Predición Meteorolóxica do Aire respecto das erupcións solares. OV5 6 foi inxectado nunha órbita inicial de 111.727 km de apoxeo e 16.866 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 32,9 graos e un período de 3119,6 minutos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Environmental Research Satellites
Categoría:Environmental Research Satellites