Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova na rúa Enriba o 4 de xaneiroXesús Oreiro dá como data de nacemento o 6 de xaneiro no seu libro Celso Emilio Ferreiro, o home e a obra (1995). de 1912 e finado en Vigo o 30 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista.Etapas vitais no sitio web da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. É considerado o máximo expoñente da Xeración do 36 e unha das figuras máis salientables da literatura galega do século XX. Foille dedicado o Día das Letras Galegas de 1989.

Traxectoria miniatura|Celso Emilio, con case tres anos de idade, xunto á súa irmá Pilar. Celanova 15/12/1914. Infancia e xuventude De familia acomodada, dedicada ao comercio e á agricultura, e galeguista, Celso Emilio foi o máis novo dos sete fillos do matrimonio composto por Venancio Ferreiro Reinoso (membro das Irmandades da Fala) e Obdulia Míguez Buxán. Celso Emilio sempre amou profundamente a súa vila natal, identificándoa coa súa infancia. Súas son estas verbas nunha entrevista a Víctor Freixanes:

miniatura|En Adiante, que dirixiu, asinou como Emilio Ferreiro Míguez. Estudou en Celanova no colexio dos escolapios. Aos 20 anos, en 1932, organizou con Xosé Velo entre outros, as Mocedades Galeguistas de Celanova, e en 1934 participou na constitución da Federación de Mocedades Galeguistas, dependente do Partido Galeguista, da que habería ser, no 1936, o derradeiro Secretario de Organización.

Dirixiu o semanario Adiante, fundado polas Mocedades Galeguistas de Celanova, da que só saíu unha tirada o 5 de xaneiro de 1933, e da que só se conserva un exemplar. Desta publicación cabe salientar que estaba integramente en lingua galega. Entre os seus colaboradores figuraron Florentino López Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Xosé Velo e Ángel Martínez Doval.

Foi concelleiro no Concello de Celanova pero dimitiu ao pouco tempo. Foi procesado por uns artigos publicados en Guieiro:Outavoz patriótico da F.M.G., revista que el mesmo dirixía, nos que se comentaba un discurso de Gil Robles. Neses artigos, titulados "Porque non berramos viva Hespaña" e "Motes: Anti-España", as autoridades "atoparon ataques inxuriosos contra Hespaña", se ben ese procesamento quedou sen efecto posteriormente no ano 1936 coa amnistía decretada por Manuel Azaña.

Guerra civil Mobilizado para a guerra civil española polas tropas franquistas, foi enviado á fronte de Asturias. Mentres as columnas galegas participaban na toma de Oviedo el conseguiu un destino como radiotelegrafista, o que o mantivo afastado da liña de combate. Aínda así sufriu feridas leves durante a evacuación do hospital da cidade ovetense.

No 1937, durante un permiso en Celanova para ver a súa nai enferma naquel momento, foi detido por facer uns comentarios políticos (presuntamente criticando os crimes perpetrados polos fascistas) en público. Sobre esta denuncia, o propio poeta terá manifestado que: "Unha muller, unha arpía con alma de Némesis velenosa denuncioume atribuíndome unhas declaracións que eu non fixera". Pechárono nunha cela do mosteiro da vila, toda de pedra, durante tres días. A mediación de parentes e amigos perante o Gobernador de Ourense evitou a súa execución. Este suceso inspiraría 25 anos despois a súa obra principal: Longa noite de pedra.

Un día de setembro do mesmo ano, exercendo o seu labor como radiotelegrafista, errou o número que debía marcar, entrando así en contacto con Moraima, cuxo nome completo era «María Luísa Moraima Loredo Fernández», que nacera en Olloniego (Asturias) o 12 de outubro de 1921, sendo filla de José María Jesús Loredo Barreal, de Turillos (Langreu), un médico afeccionado á cultura árabe -de aí o nome de Moraima-, e de Paz Fernández Cuesta. Moraima, falecida no ano 1997, sería logo a súa muller e unha fonte inesgotable na inspiración do poeta, en especial, en Onde o mundo se chama Celanova.

En Pontevedra Despois da guerra continuou os estudos de Dereito que iniciara en Oviedo, que abandonou, e iniciou os de Maxisterio, que si concluíu, malia que non chegou a exercer nunca. No 1941 foi destinado como funcionario a Pontevedra, concretamente como secretario da Fiscalía Provincial de Taxas, onde estivo ás ordes de Ramón Rivero de Aguilar dende 1945. Botou nove anos na cidade do Lérez, participando intensamente na vida cultural da mesma e entrando en contacto con escritores coma Aquilino Iglesia Alvariño e Manuel Cuña Novás. Foi redactor xefe da revista Finisterre (na que publicou numerosos artigos baixo o pseudónimo de Celso de Cela) e publicou algúns poemas en Ciudad. Tamén coñeceu a Emilio Álvarez Negreira, con quen colaborou na colección de poesía Benito Soto, fundada no 1948 polo propio Álvarez Negreira e máis por Sabino Torres e que foi a primeira empresa editorial que publicou libros galegos en Galiza tras a guerra.

Desta época é a obra Al aire de tu vuelo, singular libro de noivado con poemas amorosos escritos dende 1938, moi influídos polos poetas da Xeración do 27 española.

O 15 de xullo de 1943 casou con María Luisa Moraima Loredo en Xixón, no Ateneo Jovellanos. O primeiro dos catro fillos da parella, Luís, naceu o 18 de setembro de 1945 e finou en Vigo o 24 de decembro de 2025. Naceron tamén en Pontevedra Xosé María o 5 de setembro de 1947 e a única filla da parella, Isabel, nada o 21 de novembro de 1949.

Entre 1948 e 1949 participou nas emisións radiofónicas do Galician Programme da BBC de Londres, que coordinaba Francisco Fernández del Riego.

En Vigo

Tras obter o título de Procurador dos Tribunais trasladouse a exercer a profesión a Vigo chegando a ser membro da xunta de goberno do colectivo de procuradores, na cidade olívica viviu ata o 1966. Aquí naceu o último fillo da parella, Xavier, o 23 de decembro de 1950.

Ademais, tamén traballou nunha oficina de seguros que fundou cun socio e que sobreviviu ata o 1955, e dirixiu un obradoiro de fotogravado.

A súa estancia na cidade olívica coincidiu coa súa consolidación como poeta e literato. Mergullouse na vida cultural e intelectual, trabando amizade cos irmáns Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, Laxeiro ou Francisco Fernández del Riego. Colaborou asiduamente en diversas publicacións, coma o xornal Faro de Vigo, o periódico pontevedrés Litoral, Vieiros e, especialmente, a revista de poesía Alba, dirixida por Ramón González-Alegre, na que publicou poemas entre os que figuran a serie de composicións do seu libro O soño sulagado. No 1954 publicou unha biografía do seu paisano Manuel Curros Enríquez.

Posteriormente no ano 1955 publicou Voz y Voto, os poemas desta obra, orixinariamente escritos en castelán, foron publicados semiclandestinamente en Vigo, con falso pé de imprenta, nunha suposta colección "Papel de estraza" dunha tamén imaxinaria Editorial Rex S.A, de Montevideo. Moitos dos poemas deste libro foron incorporados - xa en galego - a Longa Noite de Pedra.

O 25 de xullo do ano 1964 nunha casa do barrio compostelán da Rocha, dous anos despois da publicación de Longa noite de pedra, participou xunto con Xosé Luís Méndez Ferrín, Reimundo Patiño e Luís Soto na fundación da Unión do Povo Galego, organización de orientación nacionalista e marxista.

Na emigración miniatura|Poema "Irmaus", de Longa noite de pedra, na Insua dos Poetas. miniatura|Escultura en homenaxe a Celso Emilio Ferreiro na Insua dos Poetas. En 1966 emigrou a Venezuela, proceso que el mesmo explicou así:Porén, algúns autores apuntan como causas da súa decisión certas dificultades económicas, a presión á que estaba sometido como consecuencia da súa actividade política e a esperanza de atopar na emigración suramericana a Galiza nacionalista e antifranquista que non existía no territorio propio.

Celso Emilio FerreiroEmilio Ferreiro (1967) - Revista Galicia en Caracas, nº1 referiuse ás causas históricas da emigración galega:

Antes da súa marcha, o domingo 15 de maio de 1966, fíxoselle unha comida e homenaxe de despedida en Ourense, concretamente no hotel Roma que acabou converténdose en todo un acto de desafío ao réxime franquista, na que participaron 250 comensais e á que se adheriron 1250 persoas. Foi tamén un acto de apoio da intelectualidade galega -xa que no transcurso daquela comida especial escoitáronse as voces e os discursos de ilustres galegos como Ramón Otero Pedrayo, Antón Tovar, Eduardo Blanco Amor, Xosé Luís Méndez Ferrín ou Emilio Álvarez Blázquez- aos labregos que se mobilizaran polas expropiacións efectuadas para a construción do encoro de Castrelo de Miño.

Xa en Venezuela, colaborou coa Hermandad Gallega, fundou o Patronato da Cultura Galega, e traballou no gabinete do Presidente Rafael Caldera. Mais axiña aniñou a decepción en Celso Emilio. No 1968, tras un proceso fraudulento, no que o propio Celso Emilio perdeu por 25 votos, accedeu á dirección da Hermandad un grupo reaccionario proclive ao franquismo, que decidiu expulsalo a el e máis ao seu fillo o 17 de xullo do ano 1968. O poeta respondeu así á misiva na que lles comunicaron as súas expulsións:

O propio poeta terá manifestado, nunha carta publicada o 12 de xullo dese mesmo ano, ó seu amigo Xesús Alonso Montero que: “la Hermandad Gallega no es hermandad ni es gallega” .

O encontro con estes sectores mercantilistas e reaccionarios, cando el esperaba atopar unha Galiza viva e combatente, inspiroulle o libro Viaxe ao país dos ananos.

Grazas á súa iniciativa gravouse e editouse en Caracas en 1970 o primeiro disco LP en galego, Galicia canta, onde ademais de ser o autor de varias das letras e da presentación do disco co heterónimo de Arístides Silveira, el mesmo interactuou con Xulio Formoso tocando o pandeiro.

En Madrid Ao volver da emigración, no ano 1973, instalouse en Madrid, onde traballou de corrector de estilo para a revista Tribuna Médica, na que era presidente do Consello de Administración o galeguista Álvaro Gil Varela. Dirixiu a aula de cultura do Ateneo, colaborou na prensa e participou nos faladoiros do Café Gijón, visitando Galiza nos veráns. Afiliouse ao Partido Socialista Galego e presentouse como candidato ao Senado pola coalición Candidatura Democrática Galega nas eleccións lexislativas do 1977.

Previamente, no 1974, rachara coa UPG, con quen xa viña mantendo importantes diferenzas desde a emigración. Ao pouco tempo, volveu mudar de partido afiliándose ao PSOE, coa esperanza de intervir no proceso de galeguización do partido. Ó PSOE afíliase na agrupación de Vigo (co número 36-45-364) no mes de xuño de 1979, data a partir da cal o carné ten os selos que certifican o abono da cota, e ten cinco cotas abonadas, é dicir, ata o mes de outubro, malia que o seu falecemento tivo lugar, como é coñecido, o 31 de agosto dese mesmo ano.

Sobre a súa orientación ideolóxica cabe salientar unhas declaracións do autor na revista Ozono en maio de 1977 no que sinala que “son un galego de esquerdas, formado no marxismo como método de análise da sociedade e da historia”. Posteriormente, pouco antes do seu falecemento, recóllese unha entrevista no número 169 da revista viguesa El Pope, correspondente á primeira quincena de setembro de 1979, así o autor preséntase como “un home sen vocación política”, e engade ademais “estou no PSOE como militante de base, como veciño que son de Madrid e porque é o que está máis próximo ao concepto que eu teño de socialismo”.

Falecemento thumb|Tumba de Celso Emilio Ferreiro