Nós é forma tónica do pronome persoal de primeira persoa do plural en galego.

Cultura Nós, ademais, pode facer referencia a diversas iniciativas culturais: A revista Nós (1920-1936), dirixida por Vicente Risco e na que colaboraron Otero Pedrayo e Castelao entre outros. O Suplemento Nós, publicado irregularmente entre 1928 e 1932, dentro desta revista. O grupo Nós, ou Xeración Nós, de intelectuais comprometidos co galeguismo, instalados principalmente na cidade de Ourense e na vila de Rianxo, organizados arredor da revista anterior. A editorial Nós, sita na Coruña e logo en Santiago, que publicou, entre outras, esta revista. O álbum Nós de debuxos de Castelao (1920). Un folleto semanal titulado Nós. Páxinas Gallegas do Diario da Cruña El Noroeste, incluído no diario coruñés El Noroeste (1918-1919), precursor da revista Nós. O periódico Nós, editado na Habana en 1921. O periódico Nós, editado en Montevideo de 1964 a 1965. O suplemento cultural Nós, do diario Xornal de Galicia, desaparecido a finais de 2009. A revista irlandesa Nós,1 publicada en irlandés e gaélico escocés en Internet e en papel dende 2008 por Tomaí Ó Conghaile. A novela de ciencia ficción Nós (1921), escrita polo autor ruso Evgenii Zamiatin. O xornal impreso Nós Diario, lanzado o 2 de xaneiro de 2020.

Política Nós tamén pode referirse a un dos seguintes partidos políticos: Nós-Unidade Popular, un partido político que estivo en activo de 2001 a 2015. Nós-Candidatura Galega, un partido político fundado no 2015.

Véxase tamén