Eldrick Tont "Tiger" Woods, nado o 30 de decembro de 1975,Divorce decree August 23, 2010. Retrieved September 28, 2010. en Cypress (California) é un golfista profesional americano, cuxos logros ata o día de hoxe o colocan entre os golfistas máis importantes de todos os tempos. Ostentou anteriormente o Número 1 mundial e foi o atleta mellor pagado do mundo durante varios anos, segundo a revista Forbes.
Traxectoria Woods converteuse en profesional en 1996, e, en abril de 1997, xa ganara o seu primeiro grande, o Masters de 1997, nunha actuación sen precedentes. Converteuse por primeira vez en número 1 mundial en xuño de 1997. A partir do 2000, Woods dominou con forza no golf, pasou 264 semanas, dende agosto de 1999 ata setembro de 2004 e 281 semanas, dende xuño de 2005 ata outubro de 2010 como número 1 mundial. Dende decembro de 2009 ata comezos de abril de 2010, Woods deixou o golf para dedicarse ao seu matrimonio, tras admitir as súas infidelidades. Estas infidelidades, que ademais provocaron que Woods quedara sen algúns dos seus principais patrocinadores desveláronas varias mulleres en distintos medios de comunicación de todo o mundo. Isto foi seguido dunha perda de forma física e pouco a pouco baixou postos na clasificación, ata situarse nun mínimo do posto 58 en novembro de 2011. Rompeu unha racha de 107 semanas sen gañar en decembro de 2011, cando gañou o Chevron World Challenge. Actualmente ocupa o 3º posto na clasificación mundial.Official World Golf Ranking – October 28, 2012 . (PDF). Retrieved October 28, 2012.
Superou numerosos récords no mundo do golf. Foi o número un que estivo máis semanas consecutivas neste posto e tamén no maior número de semanas totais. Foi galardoado co PGA Player of the Year en dez ocasións, ten o récord de liderar a clasificación de ganancias durante nove tempadas. Gañou 14 premios de mellor golfista, a segunda mellor marca (Jack Nicklaus lidera a clasificación con 18), e 74 torneos PGA Tour, 2º lugar, só por detrás de Sam Snead. Ten máis torneos importantes que calquera outro golfista en activo. É o xogador máis xove que alcanzou un Gran Slam, e que menos tempo tardou en gañar 50 torneos no PGA tour. Ademais, Woods é o segundo golfista, tras Jack Nicklaus, que logrou un Gran Slam en tres ocasións. Woods gañou 16 Campionatos Mundiais de Golf, e gañou polo menos un en cada unha das súas primeiras once temporadas a partir de 1999.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Páxina web oficial Tiger Woods na web oficial da PGA European Tour Tiger Woods na web oficial da Japan Golf Tour Tiger Woods na clasificación de golfistas profesionais Fundación Tiger Woods Centro de ensinanza Tiger Woods Learning Center Tiger Woods Publicacións sobre Tiger Woods
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados no condado de Orange, California Categoría:Golfistas dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia indíxena americana Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana