ESRO 1A (European Space Research Organization 1A), tamén coñecido como Aurorae, foi un satélite artificial europeo lanzado o 3 de outubro de 1968 mediante un foguete Scout B desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.

Características ESRO 1A foi un dos membros do conxunto de satélites ESRO adicados a facer investigacións científicas. A misión de ESRO 1A foi estudar os fenómenos aurorais mediante sete instrumentos. Os estudos incluían observacións da luminosidade auroral, a composición e temperatura da ionosfera e o fluxo, tipo e espectro de enerxía das partículas atrapadas e precipitadas (electróns de enerxías de entre 1 e 30.000 KeV). O satélite foi inxectado nunha órbita inicial de 1499 km de apoxeo e 260 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 93,7 graos e un período de 102,5 minutos, co seu eixo de simetría aliñado magneticamente co campo magnético terrestre. Funcionou sen problemas durante 18 meses excepto pola grabadora de cinta, que fallou aos sete meses da misión. Reentrou na atmosfera o 26 de xuño de 1970.

Instrumentos ESRO 1A levaba a bordo os seguintes instrumentos:

Medidor de espectro de enerxía e fluxos de electróns atrapados e precipitados. Analizador electrostático de partículas a altas latitudes. Medidor de espectros de protóns atrapados e precipitados. Medidor de distribución angular de electróns e protóns. Medidor de espectros de enerxía e fluxos de protóns solares. Fotómetros aurorais. Sonda Langmuir. Medidor de temperatura e composición iónica.

Notas

Véxase tamén Outros artigos ESRO (satélites)

Categoría:Satélites ESRO