María Araujo Martínez, coñecida tamén como María Carcaño e María a Guerrilleira, nada no Carril (Vilagarcía de Arousa) o 28 de outubro de 1904 e finada na Habana o 28 de decembro de 1989, foi unha sindicalista, guerrilleira e política galega.
Traxectoria miniatura|300px|Exiliados galegos no barco Marqués de Comillas viaxando cara a Cuba, 1944."Exiliados galegos no barco Marqués de Comillas viaxando cara a Cuba, 1944" Aos dous anos marchou coa familia a Cuba, establecéndose en Casablanca. Casou con Sebastián Carcaño e xuntos vinculáronse ao nacente movemento comunista cubano. En 1927 regresaron cos seus fillos a Galicia. Alí María traballou nunha fábrica de conservas en Vigo, encabezou o Sindicato de Conserveiras e militou no PCE. Ao iniciarse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasou á clandestinidade e colaborou coa guerrilla antifranquista ata que foi detida xunto coa súa filla Dora Carcaño. Grazas ás xestións do cónsul de Cuba en Vigo foi liberada en agosto de 1944 e expulsada de España. De regreso a Cuba participou en campañas de apoio aos guerrilleiros antifranquistas e en 1948 foi vicepresidenta da Unión de Mujeres Españolas. Loitou contra a ditadura de Batista e apoiou o goberno revolucionario. Colaborou na Campaña de Alfabetización, nos Comités de Defensa de la Revolución e na Federación de Mujeres Cubanas.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
"María A Guerrilleira, comunista combatiente contra Franco y Batista" Faro de Vigo, 6/12/2009.
Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes