O tamal (do náhuatl tamalli) é un prato típico de México de orixe indíxena que se remonta a antes da conquista española. Posteriormente estendeuse ó Perú, Colombia e América Central. Consiste nunha pasta de millo cocida con carne, vexetais, pementos, froitas, mollos e outros ingredientes. Elabórase envolto en follas de millo ou de bananeiro, e cócese en auga ou ó vapor. Poden ter sabor doce ou salgado.

Orixe Existe probas de que as culturas predominantes en México que levaron o millo a outras culturas e rexións tamén levaron consigo pratos e formas de cociñalo millo. Como o tamal é un método sinxelo de cocción do millo, é posible que fose levado dende México a América Central e do Sur. Porén, segundo os arqueólogos Karl Taube, William Saturno e David Stuart, os tamais datan do ano -100. Eles atoparon referencias pictóricas no Mural de San Bartolo, en Petén, Guatemala. Aínda que os tamais puideron terse trasladado dun país a outro, non hai evidencia de cara onde foi a migración do mesmo.

Os tamais son descritos en México por frei Bernardino de Sahagún na súa Historia general de las cosas de Nueva España a comezos do século XVI.

Sahagún e outros autores fan referencia ó tamal non só como comida da xente común, senón dos nobres, dos sacerdotes en cerimonias especiais de xaxún.

A evidencia arqueolóxica amosa o tamal como parte da vida cotiá dalgunhas culturas de México na época prehispánica, ademais de usarse en rituais relixiosos, en ofrendas e tumbas. No caso dos maias, hai esculturas e pinturas dos períodos maias clásico e posclásico temperán.

Notas

Categoría:Pratos de carne Categoría:Pratos de verduras Categoría:Pratos de cereais Categoría:Gastronomía de Cuba Categoría:Gastronomía de Honduras Categoría:Gastronomía de México Categoría:Empanadas