Montemogos é un lugar da parroquia de Beluso no concello pontevedrés de Bueu na comarca do Morrazo. Segundo o INE, en 2025 tiña 431 habitantes (215 homes e 216 mulleres), o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 460 habitantes.
Economía na zona Posúe unha escola, chamada CEIP Montemogos, referente na educación infantil e primaria na zona. En canto á hostelería, alí funcionan bares como "7 Nudos" (anteriormente "O Couto"), o Roca Viva (coñecido na zona como Roca) e o Bar Onza. Neste último soen ir os grupos de comparsas no Entroido, como Bou nun Bou ou Kantaclaro, por mencionar algúns. Tamén funciona un supermercado (Coviran) e unha lavandaría.
Lugares e parroquias Lugares de Beluso
Parroquias de Bueu
Notas
Categoría:Lugares de Bueu