Antonio Emery Arocena, coñecido polo alcume de Pajarito, nado en Irún (Guipúscoa) o 26 de xullo de 1905 e finado o 29 de marzo de 1982, foi un futbolista vasco, que xogaba na demarcación de gardameta. Foi pai do tamén porteiro Juan Emery e avó do exfutbolista e actual adestrador Unai Emery.

Traxectoria Foi fillo de Luis Emery Boulanger e de María Josefa Arocena Basterrica, que casaran en 1897 en Hondarribia.Arquivo da parroquia de Nuestra Señora de la Asunción y del Manzano, de Hondarribia, diocese de Vitoria. Matrimonios, 1873-1899, libro 6º, folio 145r, nº1/M, do 11-1-1897 (sinatura 2378/001-01). Toda a súa traxectoria futbolística transcorreu no Real Unión de Irún, onde militou 12 tempadas. Comezou xogando como extremo pero ante a lesión do porteiro titular, Muguruza, ocupou o seu posto con moi bo resultado, sendo o gardameta nas catro tempadas que o equipo militou na Primeira División. Porén, Emery é lembrado por ser o primeiro gardameta da liga española en encaixar un gol, feito producido o 10 de febreiro de 1929 no vello estadio de Sarrià, sendo o dianteiro do Español Pitus Prat quen o marcou no minuto 5. Disputou 66 partidos na Primeira División española nas catro primeiras tempadas desta competición (de 1928 a 1932).

Na tempada 1928-1929 disputou 18 encontros, todos como titular, recibindo 42 goles.

Co equipo de Irún gañou dúas Copas de España, unha en 1924 ante o Real Madrid e outra en 1927 ante o Arenas de Getxo.

Dous dos seus irmáns, Francisco e Román, foron tamén futbolistas, e todos eles xogaron no Real Unión. Tamén foron futbolistas dous dos seus fillos: Juan María (nado en Irún o 18 de febreiro de 1933), que foi gardameta en numerosos clubs, e Román Emery Alza (nado na mesma localidade o 5 de xaneiro de 1931), que foi centrocampista no Logroñés e no CD Málaga. O seu neto Unai Emery xogou na Real Sociedad e en varios equipos de Segunda, antes de converterse nun dos adestradores máis destacados de Europa.

Notas

Categoría:Nados en Irún Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Unión