miniatura|Flores, detalle. miniatura|Froitos inmaturos. miniatura|Froitos maduros. O alfaneiro ou ligustro (Ligustrum vulgare) é unha especie de planta pertencente á familia Oleaceae.
En Galicia non é común brava, empregándose especialmente en xardinaxe, para crear sebes ou arboriñas en ringleiras nas rúas.
Descrición É un arbusto de 2 a 3 m de altura. As súas follas, semellantes ás da oliveira, porén de cor máis verde, son opostas e lanceoladas. As flores son brancas, gamopétalas e recendentes. O froito é unha baga escura, acre e tóxica.
Hábitat e distribución Medra nos bosques húmidos, sendo moi utilizado en sebes de xardíns.
É natural do centro e do sur de Europa, norte de África e suroeste de Asia, desde o sur de Inglaterra e o suroeste de Suecia até Marrocos polo sur, e o leste de Polonia e o noroeste de Irán polo leste.Flora Europaea: Ligustrum vulgarePlants for a Future: Ligustrum vulgareGermplasm Resources Information Network: Ligustrum vulgare Blamey, M. & Grey-Wilson, C. (1989). Flora of Britain and Northern Europe. ISBN 0-340-40170-2Bean, W. J. (1978). Trees and Shrubs Hardy in the British Isles vol. 2: 576-577. ISBN 0-7195-2256-0.
miniatura|Bagas do ligustro
Táxones infra específicos Todas as subespecies, variedades e formas son todas meros sinónimos.
Sinonimia Ligustrum album Gueldenst. ex Ledeb. Ligustrum angustifolium Gilib. nom. inval. Ligustrum decipiens Gand. Ligustrum insulare Decne. Ligustrum insulense Decne. Ligustrum italicumMill. Ligustrum lodense Glogau Ligustrum oviforme Gand. Ligustrum sempervirens Mazziari nom. inval. Ligustrum vicinum Gand. Ligustrum vulgare var. atrovirens Hoefker Ligustrum vulgare var. aureum Hoefker Ligustrum vulgare var. auriflorum Hoefker Ligustrum vulgare var. brachystachyum (Decne.) Hoefker Ligustrum vulgare var. chlorocarpum Hoefker Ligustrum vulgare var. glaucum Hoefker Ligustrum vulgare var. insulense (Decne.) Hoefker Ligustrum vulgare subsp. italicum (Mill.) Fukarek Ligustrum vulgare var. italicum (Mill.) Vahl Ligustrum vulgare var. laurifolium Hoefker Ligustrum vulgare var. pendulum (Carrière) Hoefker Ligustrum vulgare f. pendulum (Carrière) Dippel Ligustrum vulgare var. pyramidale Hoefker Ligustrum vulgare var. variegatum Hoefker Olea humilis Salisb. nom. illeg.
Nome galego A Real Academia Galega só recoñece o nome ligustro, que é un termo erudito, tardío, adaptado a partir do nome científico do xénero Ligustrum. Porén, o termo alfaneiro está documentado en moitos outros dicionarios.
En Galicia, ademais da variante alfeneiro, hai outros nomes, de uso local ou rexional: fiafeira, fiaza, filseira e tilseira.
Ecoloxía Esta planta é o alimento das eirugas das avelaíñas da especie Craniophora ligustri.
Usos Úsase principalmente en xardinaxe, para crear sebes. Pero non hai que confundila coa especie Ligustrum ovalifolium, que é a que se emprega de maneira xeral para formar sebes, tanto nos xardíns urbanos como nas propiedades agrarias. As árbores que adornan rúas e parques de moitas vilas e cidades galegas tampouco pertencen a esta especie, senón a Ligustrum lucidum. Estas dúas especies —ben como outras, de difusión moito máis limitada en parques e xardíns— son orixinarias do extremo Oriente (China, Corea, Xapón...); con todo, a Ligustrum lucidum aparece ás veces naturalizada nas proximidades de aldeas e terras de cultivo, procedente de antigas sebes.
As follas moídas en po usábanse para tinxir, especialmente o cabelo e as crinas das bestas.
Propiedades medicinais Contén principios amargos e alcaloides. Por mor da súa toxicidade non é usada, pois o consumo produce diarreas e vómitos. Aumenta a produción de linfocitos pola medula ósea e facilita a súa maduración até se converteren en células T.
Especie invasora Esta especie figura nalgunhas listaxes de especies invasoras en países coma Australia,Potential Environmental Weeds in Australia: p. 173 o Canadá,Canadian Botanical Conservation Network: Information on Invasive Shrub and Vine Species Nova Zelandia,Protecting and Restoring our Natural Heritage: Appendix one: Invasive weeds e os Estados Unidos de América.Invasive species: European privet Tamén está naturalizada nas terras altas de MéxicoPlantas medicinales. Virtudes insospechadas de plantas conocidas. 1987. Reader's Digest México S.A. de C.V. Printed by Gráficas Monte Albán S.A. de C.V. Querétaro, Mexico. ISBN 968-28-0099-4 e na república Arxentina.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Ligustrum Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Arbustos Categoría:Plantas invasoras Categoría:Flora de Europa Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Plantas tintorias