Sergio Fernández González, nado o 23 de maio de 1977 en Avilés é un exfutbolista español que xogaba na demarcación de defensa central.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Sporting de Gijón, debutou co primeiro equipo na tempada 1995/96.

Tras varios anos como habitual na Selección de fútbol sub-21 de España, no verán de 1999 fichou polo Celta de Vigo, adestrado por aquel entón por Víctor Fernández.

Porén a súa progresión viuse truncada polas lesións, chegando a pasar tempadas en branco como a 2000/01. Nas sete tempadas que militou disputou dúas tempadas na Copa da UEFA e chegou a debutar na Liga de Campións, pero tamén sufriu o descenso a Segunda División e o posterior ascenso.

A finais da tempada 2004/05 non renova co Celta e ficha polo Real Zaragoza, dirixido polo seu ex-adestrador no Celta Victor Fernández, onde militaría tres anos nos que tamén chegou a xogar a UEFA e a descender a Segunda. No verán de 2008 deixou o club maño e fichou polo CA Osasuna, onde xogou catro tempadas en Primeira División.

Finalizado o seu contrato co Osasuna regresou ao Sporting de Gijón adestrado polo seu excompañeiro no Sporting e no Celta Manolo Sánchez Murias. Porén as lesións obrigarono a retirarse antes de rematar a tempada, o 21 de outubro de 2012 anunciou que colgaba as botas.

Palmarés Copas internacionais TítuloClubPaísAnoCopa IntertotoR. C. Celta de VigoVigo (España)San Petersburgo (Rusia)2000

Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Nados en Avilés Categoría:Nados en 1977 Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón B Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21