Pedro de Mena y Medrano, nado en Granada en agosto de 1628 e finado en Málaga o 13 de outubro de 1688, foi un escultor do barroco español.

Dedicouse principalmente á realización de imaxinería relixiosa, oficio ao que tamén se adicara seu pai, Alonso de Mena, e de quen herdou un taller en Granada. Ademais, tivo outro taller instalado durante trinta anos en Málaga, a onde se dirixira para participar nunha das súas obras máis recoñecidas, o cadeirado do coro da Catedral de Málaga. Nesta cidade executou moitos encargos, especialmente para ordes relixiosas. Gila Medina, Lázaro, (2007), p. 108

Nas súas obras destacan: os rostros e trazos alongados das súas figuras, as roupas traballadas cuns perfís extremadamente finos e a policromía empregada (cores en forte contraste) e o realismo nas encarnaduras, que se amosa claramente e, sobre todo, na súa Magadalenta Penitente, «Dolorosas» e «Ecce Homo». Debido ao grande impacto que produciu a imaxe de San Francisco de Asís realizada para a Catedral Primada de Toledo e grazas á intervención do cardeal Moscoso y Sandoval, antigo coñecido de seu pai, foi nomeado mestre maior da mesma.Nicolau Castro, Juan, (1997) Pedro de Mena y la Catedral de Toledo, Universidade de Málaga, pp.467-468

Traxectoria humana e profesional thumb|250px|A Dolorosa, talla de madeira policromada, conservada na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Madrid. Foi bautizado o 29 de agosto de 1628 en Granada na desaparecida parroquia de Santo Andrés. Os seus pais foron Alonso de Mena, famoso escultor, e a súa segunda esposa Juana de Medrano. Os seus primeiros anos de aprendizaxe pasounos co seu pai xunto con outros aprendices entre os que se encontraba Pedro Roldán. Ao falecer seu pai en 1646, Pedro, con dezaoito anos, fíxose cargo do taller, que compartiu a partir de 1652 con Alonso Cano —cando este regresou a Granada desde Madrid, para actuar de racioneiro na catedral—,Gómez-Moreno, Manuel, (1964), p. 20 con quen traballou e colaborou estreitamente, pondo á súa disposición o seu propio taller. Grazas a esta colaboración, Mena puido asimilar uns procedementos de traballo máis elaborados e un novo concepto estético que desenvolveu pola vía da perfección técnica e o realismo.

O 5 de xuño de 1647 casou con Catalina de Vitoria y Urquízar, natural de Granada e de 13 anos de idade, coa que tivo seis fillos antes da súa marcha a Málaga, dos que sobreviviron tres que se fixeron relixiosos. Durante a súa estancia en Málaga tiveron outros oito fillos, quedando en vida só dous, José, capelán real na Capela Real de Granada e Juana Teresa no Císter, onde xa estaban as súas irmás Andrea e Claudia Juana.Gila Medina, Lázaro, (2007), pp. 49-51 Redactou o seu primeiro testamento en 1666; pero é no realizado en 1675 cando fala da súa filla Juana que aínda non tiña seis anos: Polas súas firmes crenzas relixiosas, pediu ser enterrado entre as dúas portas da igrexa do Císter para que a súa lápida fora pisada por todos os fieis que entraran na igrexa.

Mena mantivo unha gran vinculación relixiosa con distintas confrarías e foi irmán máis vello do gremio de artistas do Santísimo Corpus Christi, Ánimas e Misericordia.

Loitou e conseguiu ser aceptado como familiar da Inquisición en 1678. Este feito significaba un ascenso social, xa que supoñía un recoñecemento público de limpeza de sangue e ademais levaba implicados certos privilexios como o verse libre de pagar impostos. As súas grandes amizades foron sobre todo eclesiásticas, segundo Palomino:

Permaneceu en Granada até que en 1658 foi chamado polo bispo de Málaga, Diego Martínez de Zarzosa, para realizar o cadeirado do coro da Catedral da Encarnación de Málaga. Nesta cidade, excepto unha estancia en Madrid entre os anos 1662 e 1663, montou o seu taller definitivo con grande éxito de encargos, até o seu pasamento no mes de outubro de 1688.Historia Universal del Arte, Tomo XI, (1982), Madrid, Sarpe, ISBN 84-7291-599-9 thumb|left|San Xoán Bautista Neno (1674), Museo de Belas Artes de Sevilla. Foi nomeado mestre maior de escultura da catedral de Toledo en maio de 1663 por iniciativa do cardeal Baltasar Moscoso y Sandoval, onde se encontra San Francisco de Asís, unha das súas mellores obras. Regresou a Málaga e, demostrando grandes dotes empresariais, deixou en Madrid un representante encargado de recoller posibles encargos e de subministrarlle material necesario para o seu traballo.

Os seus traballos fóronse estendendo por toda a península; crese que coa colaboración do seu fillo Alonso, xesuíta, xa que se atopan numerosas obras de Mena en templos desta orde en Alcalá de Henares, Madrid, Marchena, Sevilla e incluso na Cidade de México ou Lima.

Destacou pola súa gran capacidade de traballo así como polos seus dotes administrativos e a súa visión comercial.Dedicouse tamén ao negocio da seda, vendéndoa en rama ou en bruto para que a teceran. Este negocio non lle era alleo xa que súa avoa materna pertencía a unha familia de sedeiros do Albaizín granadino. Adquiriu un patrimonio que lle permitiu unha vida folgada e unha respectable posición que conseguiu ao ser nomeado tenente de alcalde da fortaleza de Gibralfaro en 1679. Neste mesmo ano, meses máis tarde, afectado pola enfermidade da peste, volveu redactar o que sería o seu terceiro e derradeiro testamento, onde detallou a propiedade de seis vivendas e regalou ao convento de Santa Ana do Císter, a cambio da súa sepultura, a parella de bustos dunha Dolorosa e un Ecce Homo.Gila Medina, Lázaro, (2007), pp. 12-13 Non sucumbiu á peste pero deberon quedarlle secuelas xa que, a partir de entón, puxo á fronte do taller o seu discípulo Miguel Félix de Zayas. Este, despois da morte do seu mestre, asinou a súa escasa obra coñecida como «discípulo de Pedro de Mena».Gila Medina, Lázaro (2007) p.61 Durante estes últimos anos de vida, crese que a participación de Mena nos traballos do taller limitouse a debuxar e a facer bosquexos, xa sempre con modelos repetidos, pero que cumprían os encargos solicitados ao taller. Recibiu sepultura no convento do Císter o 14 de outubro de 1688.

En 1876, a abadía cisterciense de Santa Ana de Málaga foi derribada e localizáronse os seus restos nunha caixa de piñeiro, entón foron trasladados á igrexa do Santo Cristo da Saúde, até o seu novo traslado en 1996 á actual igrexa do Císter, moi cerca da casa onde viviu e morreu, onde segue enterrado nunha pequena capela cos bustos da Dolorosa e o Ecce Homo, que realizara e doara ao convento derrubado.

Estilo thumb|250px|Ecce Homo do Museo Diocesano e Catedralicio de Valladolid, vese como a policromía dá carácter á talla. Nas súas primeiras obras apréciase perfectamente o estilo do seu pai, que vai mudando pouco a pouco, segundo autores como Antonio PalominoPalomino, Antonio, (1986), pp. 322-325 ou Ceán Bermúdez. A grande influencia que tivo Alonso Cano sobre a súa obra artística apréciase en que os rostros femininos os vai facendo máis ovalados, os pescozos máis longos, o nariz perfilábao estreitándoo e reducía a boca.Ortueta y Duarte, R. (1988), pp. 35-44 A partir da súa estancia en Málaga foi proxectándose cara a un estilo moito máis realista e naturalista, ademais de ir adquirindo un gran dominio técnico na talla e policromía. O coñecemento das obras e artistas casteláns lévao a simplificar as formas e os volumes das súas figuras, sobrecargando en cambio o seu contido espiritual; é cando conseguiu as súas mellores obras. Só na súa última etapa os modelos volvéronse máis simples, e é onde se aprecia a súa mestría e habelencia técnica, xa que sen moito esforzo, realizaba obras moi dignas.

Os modelos iconográficos que empregaba na súa gran maioría non eran creacións persoais, senón que estaban inspirados nos realizados polos seus achegados: seu pai, Alonso de Mena —seu gran mestre—, Alonso Cano, Gregorio Fernández, Pablo de Rojas. Outro punto de inspiración foron pinturas ou estampas; aínda que en Mena, a calidade da técnica é o que imperaba, dando como resultado túnicas e mantos que parecen teas finísimas e rostros que expresan unha gran espiritualidade. Toda a súa produción foi de tema relixioso excepto as imaxes dos Reis Católicos das catedrais de Granada e Málaga.

A pesar de ser unha época de grande auxe das irmandades penitenciais de Semana Santa, só se ten noticia da realización dunha escultura, concretamente dun Nazareno en 1679 para a cidade de Lucena, que por non ter o mecanismo de articulación no brazo que debía bendicir, non foi do agrado da confraría.Gila Medina, Lázaro, (2007), p. 75 Mena dedicouse sobre todo a tallas xeralmente pequenas, con temas como o Neno Xesús, Santos, Inmaculadas, Dolorosas e Ecce Homo, con só un Crucificado, desaparecido. De tamaño maior que o natural é o Cristo da Boa Morte do convento de Santo Domingo. As restantes obras de Cristos son tamén de tamaño menor.

Na súa primeira etapa de traballo ocupábase el mesmo do acabado das súas imaxes e da aplicación da policromía. Co tempo deixou este labor en mans dun pintor especialista que o realizaba sempre baixo a súa supervisión. Tamén aquí se advirte a influencia de Alonso Cano. Nos seus primeiros tempos a policromía empregada era con estufado de ricos motivos e bordos con zanefas e carnacións tostadas. A partir da súa colaboración con Cano, foi deixando as estofas e preferindo os tons lisos con cores contrastadas e o realismo nas austeras estameñas do hábito dos santos franciscanos. As carnacións fixéronse máis claras, engadíndose os postizos frecuentes da época: pelo natural, pestanas, dentes de marfil e ollos de cristal.

Período de Granada Entre as súas primeiras obras realizadas no taller do seu pai en Granada, atópase un San Francisco Solano, encargado polos marqueses de Priego no ano 1647 para o convento franciscano de Montilla. Trátase dunha talla de tamaño natural cos atributos propios do santo: unha cuncha para bautizar e un crucifixo na outra man, que se conserva na parroquia de Santiago, de dita cidade.AA.VV. (2002) Montilla en "Catálogo artístico y monumental de la Provincia de Córdoba", Tomo VII, Córdoba, p. 154, ISBN 978-84-8154-470-1 As mellores obras catalogadas deste primeiro período son: San Pedro e San Paulo do convento de San Antón, de tamaño mediano (123 cm); teñen as vestiduras talladas con pregos finos de gran naturalidade, unha policromía moi rica en estufados e tostada a pintura dos rostros.

A chegada de Cano ao taller e as súas mutuas colaboracións fan difícil precisar as autorías concretas. Na igrexa dos santos Xusto e Pastor pódense apreciar os catro evanxelistas, recolocados nun tabernáculo de finais do século XVII, que presentan unha gran policromía da mesma calidade que o San Xoán Bautista do convento de San Antón de Granada.Sánchez-Mesa, Domingo, (1971), Técnica de la escultura policromada granadina. Universidade de Granada, pp. 154-167 Palomino afirma que Mena executou as imaxes de San Xosé e Santo Antonio co Neno, San Diego de Alcalá e San Pedro de Alcántara, hoxe no museo de Belas Artes de Granada: Destas mesmas imaxes, Sánchez-Mesa en 1967, recalcaba que, aínda que talladas por Mena a partir de modelos de Cano e baixo a súa dirección, este debeu de introducir correccións. Estas esculturas resaltan pola súa elegancia, pola súa capacidade para captar as figuras en total illamento, co realismo que lle caracteriza; no xesto de San Diego de Alcalá, mentres levanta o hábito onde se produciu o milagre da conversión do pan en rosas, alza o seu rostro lixeiramente ladeado cara ás alturas; en San Pedro de Alcántara apréciase a súa actitude totalmente natural durante a redacción do seu libro que se encontra aberto e apoiado sobre a súa perna esquerda. Este tema foi representado varias veces por Mena ao longo da súa vida laboral.San Pedro de Alcántara foi beatificado en 1622 e canonizado en 1669, despertou un gran fervor popular que fixo que aumentaran os encargos de imaxes para a súa devoción.