A Universidade de Valladolid (UVa) é unha universidade pública española, existente xa no século XIII e na actualidade encargada da ensinanza de estudos superiores en sete campus distribuídos por catro cidades de Castela e León: Valladolid, Palencia, Soria e Segovia.

Historia Segundo documentos existentes, a universidade de Valladolid existía xa a finais do século XIII, foi creada por intervención real, co concello valisoletano como intermediario da fundación e recibiu a confirmación papal posteriormente a instancias do rei Afonso XI. Existe a teoría de que a universidade xurdiu polo traslado do Estudo Xeral de Palencia, fundado por Afonso VIII de Castela, e o bispo Tello Téllez de Meneses entre os anos 1208 e 1241. Outra hipótese sitúa a súa orixe nunha escola ou estudo particular con sede na Abadía de Santa María a Maior.Historia Universidad de Valladolid thumb|Mapa de fundación de Universidades castelás e aragonesas.

Foi unha institución moi vinculada á cidade desde o seu nacemento, influíndo no seu desenvolvemento pola intensa actividade cultural e económica que impulsaba. Durante o século XX, especialmente, e coincidindo cunha expansión do número de alumnos, así como unha ampliación dos estudos e unha maior facilidade de acceso, a Universidade vincúlase plenamente aos acontecementos históricos e sociais. Así, o estalido da Guerra Civil en 1936 provocaría a depuración, e nalgúns casos o fusilamento, dun número importante de catedráticos e profesores. Da mesma maneira, a Universidade de Valladolid configúrase, xunto a FASA-Renault, como o principal polo de contestación ao réxime ditatorial do xeneral Franco, convocando numerosas folgas, concertos e actos de resistencia e protesta que culminarán en 1974 co peche gobernativo da actividade docente, único caso en toda España (o curso académico organizouse de maneira paralela, en domicilios particulares, parroquias e lugares públicos).

A localización física situouse, nun principio, na Colexiata de Santa María, pasando despois á actual localización da Facultade de Dereito, no outro lado da praza.

Ten a súa representación na Semana Santa valisoletana na Irmandade Universitaria do Santo Cristo da Luz, que dá culto a unha das obras máis importantes de Gregorio Fernández, o Cristo da Luz, que se encontra na capela do Colexio Maior Santa Cruz.

Nos anos oitenta a Universidade emprendeu a construción de centros docentes no Barrio de La Rondilla, pero despois búscase a dispersión en diferentes zonas. Máis adiante comenzará a construción no barrio de Belén e San Pedro Regalado.

Símbolos Escudo O escudo é de forma española en campo de prata, un carballo da súa cor, terrazado e frutado en ouro, acolado de dúas chaves en sotuer de ouro e prata. Ao timbre, Coroa Real aberta de cinco floróns vistos surmontada de tiara papal con ínfulas (Estatutos, art. 8.1).CONSEJERÍA DE EDUCACIÓN. «Acordo 104/2003, de 10 de xullo, da Xunta de Castela e León, polo que se aproban os Estatutos da Universidade de Valladolid» En: BOCyL, 16 xul. 2003, n. 103, pp. 10011-10042. ISSN 2171-3626.

Selo O selo da Universidade de Valladolid reproduce o seu escudo orlado do lema ou lenda: (Cruz) Sapientia Aedificavit Sibi Domvm [A sabedoría edificou a súa casa] (Estatutos, art. 8.2).

Bandeira ou pendón É de forma rectangular, de dimensións 152 cm por 198 cm, en púrpura. No seu centro, o escudo da Universidade de Valladolid nos seus esmaltes ou cores (Estatutos, art. 8.3).

Cores As cores corporativas da Universidade de Valladolid son a cor azul turquí, definida polo Pantone 654; e a cor púrpura, definida polo Pantone 207.

Doutores Honoris Causa O elenco de doutores honoris causa da Universidade de Valladolid, iniciado en 1964 coa súa primeira investidura, está conformado por máis de sesenta persoas. A continuacións lístanse os doutores:Universidade de Valladolid. Doctores Honoris Causa

Doutor Actividade Data Sofía de Grecia 1985 Enrique Alarcón Álvarez Emilio Alarcos Llorach Manuel Alvar López Eugenio Andrés Puente Michèle Aymard Ángel Ballabriga Aguado Mario Benedetti Escritor uruguaio Bartolomé Bennassar José María Blázquez Martínez Historiador español James M. Buchanan Economista estadounidense César Leopoldo Camacho Manco Matemático peruano 25/10/2007 Giuseppe Campos Venutti Ramón Carande Tovar Historiador e economista español Rosa Chacel Arimón Escritora española Louis Couraud Miguel Delibes Setién Escritor español Adriano Di Pietro Pedro Miguel Echenique Landiríbar Antonio Fernández Alba Enrique Fuentes Quintana Economista español Valentín Fuster Cardiólogo Antonio García Berrio Víctor García de la Concha Filólogo e director da Real Academia Española Eduardo García de Enterría Jean Gautier Dalché José Girón Tena Francisco Grande Covián Médico español 1992 Jorge Guillén Álvarez Alain Huetz de Lemps Rafael Lapesa Melgar Filólogo español, membro da RAE e da RAH Henri LapeyreHistoriador e hispanista francés Fernando Lázaro Carreter Gatze Lettinga Humberto López Morales Barry Mac Donald Federico Melis Fernando Monckeberg Barros Benzion Netanyahu Severo Ochoa de Albornoz Premio Nobel de Medicina (1959) Vicente Palacio Atard Manuel Elkin Patarroyo Murillo Médico patólogo colombiano Joseph Pérez Historiador e hispanista francés Javier Pérez de Cuéllar Secretario Xeral da ONU (1982 – 1991) Charles Petrie Ilya Prigogine Físico e químico belga Fernando Reinoso Suárez Francisco Rico Martínez Bernard Roizman Felipe Ruiz Martín José Ángel Sánchez Asiaín Claudio Sánchez-Albornoz Historiador español Amador Schüller Pérez Luca Serianni Sheila Sherlock Mario Vargas Llosa Escritor peruano Juan Velarde Fuertes Economista español

Edificios Edificio Histórico. Facultade de Dereito thumb|Fachada barroca (1715) do edificio da Universidade de Valladolid, hoxe Facultade de Dereito. O primeiro edificio da Universidade de Valladolid do que hai constancia da súa entidade arquitectónica é o construído a finais do século XV, tras o traslado da institución desde a Colexiata até a súa nova localización. Constaba dun claustro de catro lados, e unha capela tardogótica de certa magnitude. Ao claustro entrábase por unha portada, tamén tardogótica, que se abría á rúa Librería. A principios do século XVIII, este edificio resultaba insuficiente, polo que se ampliou con outro claustro cuadrangular, con catro galerías, ao que se abrían varias aulas construídas no mesmo momento. Cerrando o conxunto á praza de Santa María (hoxe praza da Universidade), realizouse unha fachada barroca proxectada polo carmelita frei Pedro de la Visitación e que se construíu en 1715. Nela encóntranse distintos grupos escultóricos de calidade e que representan alegorías das materias que se impartían no edificio. É de destacar o corpo central, organizado por catro columnas xigantes e rematado por unha gran peineta. Na balaustrada dispóñense catro esculturas que representan os reis que favoreceron a universidade valisoletana.

Este conxunto, formado por estes dous claustros, o do século XV e o do século XVIII, as súas aulas respectivas e outras edificacións anexas, como a capela ou a torre do reloxo -construída no século XIX-, subsistiu até 1909. thumb|Estatua de Miguel de Cervantes na Praza da Universidade, fronte á Facultade de Dereito. En 1909, e con gran polémica, decidiuse derribar o antigo edificio (incluíndo a portada do século XV que se abría á rúa Librería), para construír un novo edificio seguindo liñas eclécticas e proxectado polo arquitecto Teodosio Torres López. Deste derribo só se salvou a fachada barroca proxectada polo carmelita frei Pedro de la Visitación e parece ser que a idea inicial contemplaba tamén a súa destrución. O proxecto de Teodosio Torres López planeaba un edificio universitario con dous claustros, como o preexistente. A súa organización efectuábase mediante unha caixa de escaleira situada entre ambos claustros e un gran vestíbulo que se abría á rúa Librería. A fachada do edificio universitario a esta rúa baseábase nunha reinterpretación da fachada barroca de Pedro de la Visitación, pero utilizando elementos decorativos provenientes do plateresco, barroco, neoclasicismo e grandes ocos propios da mentalidade hixienística da época. A un lado da fachada atopábase a torre do observatorio e ao outro, a nova torre do reloxo que solucionaba a esquina entre a Praza da Universidade e a rúa Librería. O proxecto posuía algúns problemas non solucionados: construíase unha grandiosa fachada representativa a unha rúa estreita como era a de Librería, polo que estaba afogada, e a fachada barroca encontrábase incorporada ao edificio de maneira moi torpe. En 1939, este edificio sofre un incendio. Para paliar o problema da integración da fachada barroca no edificio de Teodosio Torres López, Constantino Candeira Pérez proxectou en 1939 unha grande escaleira e vestíbulo, seguindo liñas historicistas, aos que se accede mediante a fachada barroca. Esta escaleira é unha mostra da arquitectura triunfalista e historicista propia da posguerra española. En 1968 realízanse as últimas obras que conforman o actual edificio, derribando o segundo claustro e construíndo nese terreo un edificio de cinco plantas para aloxar o alumnado, cuxo número crecera considerablemente nos anos sesenta, colapsando o edificio de Teodosio Torres López, pensado para un alumnado moito menos numeroso. Nesta mesma reforma, derribouse a torre do observatorio de Teodosio Torres López e o paraninfo de 1909. Tamén a fachada da rúa Librería foi entón remodelada, perdendo a roupaxe historicista proxectado por Teodosio Torres López. O novo paraninfo construíuse flanqueando a fachada de frei Pedro de la Visitación por un dos seus lados.

Escola Técnica Superior de Arquitectura Constrúese tras unha xénese complicada. Nun principio, o edificio con proxecto de Antonio Fernández Alba, ía ser a delegación do Ministerio de Educación, na Praza de Poniente, xunto ao Instituto Núñez de Arce. Pero, concedida á Universidade a Escola Técnica Superior de Arquitectura, mantense o proxecto de Antonio Fernández Alba, trasladándoo ao barrio residencial de Huerta del Rey.

O edificio está dotado dun forte carácter representativo, abandonando as formas orgánicas doutros edificios valisoletanos da época. Márcase un eixe de simetría na fachada, que organiza os contundentes volumes do conxunto.

A ampliación proxectada tamén por Fernández Alba nos oitenta, idéase xa para a súa función, sen a limitación espacial que tiña o proxecto inicial. Búscase agora unha maior liberdade de organización cunha planta centralizada.

Facultade de Ciencias Económicas A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, proxectada polos arquitectos Salvador Gayarre Ruiz de Galarreta, Tomás Domínguez del Castillo e Juan Carlos Martín Baranda, é un dos edificios que a Universidade de Valladolid impulsa nos anos oitenta. Xa desde a súa orixe, o edificio quedaba pequeno para albergar os estudantes que a titulación requiría, polo que pouco despois procedeuse á construción do Aulario Campus do Río Esgueva, adxacente á facultade, e que presta servizos á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e á de Escola de Enxeñarías Industriais.

O edificio organízase lonxitudinalmente, cun amplo corredor central de varias alturas, que distribúe e comunica os espazos docentes e complementarios. É interesante o xogo establecido entre a aula magna, con forma de teatro clásico, e o teatro ao aire libre disposto no extremo oposto, valado e pechado ao público. A vista exterior da sección de despachos recordan unha colmea.