miniatura|Clanga pomarina A aguia pomarina (Clanga pomarina, antes Aquila pomarina) é unha ave rapaz.

Morfoloxía e hábitos É unha aguia de tamaño pequeno, cunha lonxitude de entre 55–66 cm, unha envergadura entre 143–168 cm e cun peso entre 1100 e 2000 gramos. De cor parda, máis clara cá aguia manchada. As femias son idénticas ós machos.

Aliméntase de roedores, anfibios, pequenas aves e insectos. O seu hábitat máis habitual en Europa son as fragas con presenza de auga.

Reprodución A cría realizase en Europa entre os meses de abril e xuño. A posta consiste en dous ovos cun tempo de incubación de 38-41 días. Os polos permanecen no niño entre 50-55 días.

Distribución Dende abril a setembro permanece en Europa, dende a parte máis Oriental de Alemaña ata o Extremo Occidental de Rusia. Do norte ó sur, esténdese dende os Países Bálticos ata Grecia, Turquía e os países do Cáucaso. Esporadicamente, observable durante a migración, en Italia e Oriente Próximo. Pasa o inverno en África.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest.

Categoría:Accipítridos Categoría:Animais descritos en 1831