Fèlix Escalas i Chameni, nado en Palma o 19 de novembro de 1880 e finado en Barcelona o 28 de febreiro de 1972, foi un político balear.

Traxectoria Militante da Lliga Regionalista. Foi colaborador de La Veu de Mallorca na súa primeira época.

En 1919, foi deputado provincial por Barcelona. Posteriormente, foi elixido presidente da Generalitat de Cataluña polo goberno español, exercendo entre xaneiro e marzo de 1936, sen ser recoñecido polos representantes da Generalitat destituída despois de 1934.

Apoiou a sublevación do exército contra o goberno da República e tras a guerra foi procurador en Cortes en representación das cámaras de comercio (1955-1962).

Categoría:Políticos da Lliga Categoría:Nados en Palma Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Procuradores en Cortes