El Obrero foi un semanario editado en Ribadavia entre 1891 e 1897.
Historia e características Subtitulado Periódico independiente, apareceu o 1 de abril de 1891.El Eco de Galicia, 24-3-1891, p. 3. Publicábase os días 1, 8, 15 e 23 de cada mes. Semanario de tendencia socialista orientado á defensa dos intereses locais. O director era Máximo Tomé González. Cesou a súa publicación en setembro de 1897. Foi substituído por El Avia Ilustrado.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense Ligazóns externas Prensa local de Ribadavia na Biblioteca do Museo Etnolóxico de Ribadavia. Xornais antigos de Ribadavia. Museo Etnolóxico Rede de bibliotecas públicas de Galicia. Xunta de Galicia.
Categoría:Prensa escrita de Ribadavia Categoría:1891 en Galicia