O Podengo galego é unha raza de cans de orixe galega. É un can de caza de coello principalmente, aínda que tamén de lebre e raposo.
Orixe Comparte unha orixe común con tódolos podengos ibéricos (eivisenco, andaluz e portugués) e pertence ó mesmo tronco dos podengos da área mediterránea como o pharaoh hound maltés, o cirneco do Etna siciliano, o podengo da illa Lampedusa tunesino, o podengo Charnigue ou Charnègre do Rosellón e a Provenza (Francia), e mailo podengo canario.
Distribución xeográfica Comprende toda a zona noroccidental da Península Ibérica, emparentado co podengo portugués mediano (orixinario da zona norte), con montañas de 600 m a 800 m sobre o nivel do mar, con zonas de serra e monte arborado con abundante vexetación arbustiva, onde se atopan os coellos, lebres, raposos e a caza de pluma.
Atópase espallado por toda Galicia, pero principalmente polas provincias de Pontevedra e Ourense, aínda que tamén se localizan exemplares nas outras dúas provincias galegas.
Morfoloxía É un animal de tipo primitivo, de tamaño mediano e lixeiro. É moi áxil, con gran capacidade olfactiva, auditiva e visual. Son animais moi uniformes, de tamaño mediano e lixeiro, de capa canela en todos os seus gradientes, dende a cor area aos vermellos. Teñen o ventre recollido, aínda que sen a finura de liñas do corpo, así como da cabeza, de moitos galgos. As femias son lixeiramente máis liviás e esveltas cós machos.
Pesan arredor de 10-15 quilos. Os machos miden entre 46–52 cm e as femias entre 46–52 cm
Véxase tamén Ligazóns externas Podengo galego, Consellería de Medio Rural
Categoría:Razas de cans Categoría:Razas autóctonas de Galicia Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes