O sacaúntosDo gótico saka ("extraer, sacar") e do latín unctum ("aceite, ungüento, manxar"). ou home do unto é un personaxe imaxinario propio da mitoloxía galega co que se buscaba asustar os nenos e mulleres novas e conseguir que se portaran ben e non se separaran das nais, ou que regresen cedo á casa. É equivalente Home do saco, co que pode confundirse, e tamén foi relacionado coas meigas chuchonas.

Descrición

Represéntase como un home grande e vello, mal vestido e cun saco ó lombo no que levaba a un lugar seguro os meniños que raptaba. Logo de matalos, ábreos en canal e tíralles a graxa corporal, o unto. No caso de tratarse de mulleres, as vítimas elixidas deben ser novas, virxes, louras e coa pel moi branca, pois só o unto así obtido ten as propiedades medicinais que se pretenden. Mariño Ferro di que tanto pode atacar ás mozas virxes como a calquera outro rapaz.

O destino que lle dan ó unto varía segundo as fontes. Nuns casos disque que o comen directamente buscando así recuperar a forza e o vigor que representan os nenos. Outras veces dise que o venden a xente vella, co mesmo obxectivo, ou a farmacéuticos, que usarán este unto para fabricar pomadas e outras medicinas. Precisamente por isto último, corría o rumor de que o sacaúntos era realmente un boticario do lugar que buscaba o unto para os seus ungüentos,"Foi creencia corrente noutro tempo que os boticarios 'sacaban o unto' ás rapazas pra prepararen os ungüentos" (Risco, px. 305). e incluso disque as rapazas non se atrevían a pasar por diante dunha botica.

Conta Vicente Risco un sucedido recollido en Ourense. Unha rapaza nova foi a unha botica para vender a froita que levaba e o boticario mandouna entrar na rebotica. Ó entrar, a porta pechouse bruscamente tras ela, e ela deu por feito que a ía matar para sacarlle o unto. Morta de medo, axeonllouse e comezou a chorar suplicando ó home que non lle fixera mal. Pero o certo foi que o boticario só quería coller cartos para pagar a froita e, como non era do país, quedou abraiado ante o comportamento da moza.

Orixe A lenda do sacaúntos pode remontarse a unha orixe medieval, polos casos de antropofaxia que se deron nas grandes fames. Tivo gran difusión no século XIX e ó chamado o lobishome de Allariz, Manuel Blanco Romasanta, un asasino en serie que actuou entre 1833 e 1852, chamóuselle home do unto.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

MARIÑO FERRO, Xosé Ramón (1985). Cultura popular, Manuais do Museo do Pobo Galego, Santiago, px. 152. ISBN 84-600-3820-3. RISCO, Vicente (1962). "Etnografía: cultura espiritual", en Historia de Galiza, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Ed. Nós, Bos Aires, tomo I, px. 305.

Outros artigos Lobishome Ligazóns externas

Categoría:Mitoloxía galega