El Ejemplo foi un xornal editado na Coruña entre 1873 e 1875.

Historia e características Subtitulado Diario de La Coruña, apareceu 16 de xullo de 1873. Publicación de tendencia conservadora fundada por José Hernández Grandal. Foi o seu director Alonso Rey,El Diario de Santiago, 13-2-1878, p. 1. e entre os seus colaboradores figuraba Ricardo Acevedo Fullós. Incluíu novas de carácter xeral, un boletín xudicial e un apartado dedicado á economía. O gobernador civil ameazou con suspender a súa edición en 1874 polas súas críticas ó ferrocarril. Cesou a súa edición co número 659, o 30 de setembro de 1875.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1873 en Galicia Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos