Os xéneros literarios son os diferentes grupos ou categorías nos que se poden clasificar as obras literarias segundo o seu contido e estrutura. A retórica occidental recoñece cinco grandes grupos: a narrativa, a lírica, a poesía, o drama e a didáctica.

Os xéneros retóricos Ata a fin da idade media, a retórica coñeceu tres xéneros definidos polas súas motivacións: o xudiciario, co que se trata de acusar ou de defender. o deliberativo, onde se trata de persuadir ou disuadir. o demostrativo, co que se trata de eloxiar ou censurar. A historia dos xéneros clásicos foi rastrexada minuciosamente por Gerard Genette no Introdución ó Arquitexto (1979). Genette estráñase de que esta clasificación puidese sobrevivir no esencial durante tantos anos cando contradí de forma manifesta a súa base. O avogado que acusa ou defende non pode facelo sen persuadir e sen eloxiar ou censurar. Os teóricos franceses do século XVII e XVIII recoñecen este estado do asunto e alertan de que os xéneros tenden a prestarse un apoio mutuo. Un sermón, por exemplo, pode alternar entre deliberativo e demostrativo. A aplicación desta teoría ás obras literarias presentaba aínda maiores problemas aínda que ofrecía, en contrapartida, a comodidade de tomar como base a existencia de tres funcións lingüísticas (incitar, persuadir e conmover) que certamente recubrían os nomes dos tres xéneros.

Os xéneros como estrutura piramidal Ó longo do século XIX e durante a primeira metade do XX, a estrutura piramidal domina a concepción do xénero, organizado en subxéneros compostos por varias especies de textos, que á súa vez comprenderían varias outras subespecies. Esta terminoloxía iría acompañada dos conceptos de paraxéneros (ó lado da novela, o relato breve e o conto) e de superxéneros (o lirismo ou o teatro, por exemplo).

Os xéneros como esquemas de comunicación Henri Bonnard é partidario de falar dos xéneros como de categorías que existen nunha época dada nun certo número e que poden ser clasificados atendendo ós diversos factores non xerarquizados que interveñen no esquema da comunicación: canal: oral (conferencia, discurso...) ou escrito (carta, novela...), con canal visual asociado (teatro, cine...) Código: prosa ou verso; con música asociada (canción...) Emisor: escritor como axente da acción (memorias...), narrador (novela, relato histórico); escritor falando no seu nome (poema lírico) ou facendo falar os personaxes (teatro) Receptor: particular (carta), colectivo en asemblea (discurso), conxunto anónimo e ilimitado de lectores (libro) ou de auditores (drama, canción). Situación: actual (panfleto, crítica), pasada (novela histórica), futura (ciencia ficción), xeral (máxima, proverbio), imaxinaria (conto), exótica, rexional, tráxica, cómica... Motivación: incitador (manifesto, publicidade), informativo (reportaxe, relato, poesía didáctica), conmovedor (traxedia, comedia, poesía lírica, sátira, apoloxía, panexírico, epigrama, diatriba...)

Os diferentes xéneros Velaquí unha lista de xéneros e formas literarias:

Xéneros poéticos Poesía Alba Balada Caligrama Canción de berce Elexía Epigrama Fábula Haïku Lai Oda Pastorela Poesía en prosa Rondel Sirventés Soneto

Xéneros narrativos Novela Novela cortés Novela histórica Novela de aventuras Novela epistolar Novela de amor Novela negra Novela policial Novela de ciencia ficción Ciberpunk Fantasía Animal Dark Urbana Heroica Light Romántica Biografía Autobiografía Autoficción Xornal íntimo Conto Epopea Cantar de xesta Novela breve

Xéneros teatrais Peza de teatro Traxedia Comedia Farsa Moralidade Drama Misterio

Xéneros gráficos Banda deseñada Manga Ecchi Hentai Shojo Shonen Álbum Novela gráfica

Xéneros experimentais Complexa Experimental

Outros Epístola Ensaio Fantástica Infantil e xuvenil Libro de referencia Dicionario Enciclopedia Estudo Tratado Panfleto Potencial Sermón

Véxase tamén Ligazóns externas Os xéneros literarios Curso sobre a noción de xénero

Categoría:Literatura