alt=Diabetes mellitus tipo 2|miniatura|upright|Diabetes mellitus tipo 2 alt=Diabetes mellitus tipo 1|miniatura|upright|Diabetes mellitus tipo 1 alt=Efecto de la diabetes en el cuerpo|miniatura|upright|Efecto da diabetes no corpo A diabetes mellitus (DM) é un conxunto de trastornos metabólicos, cuxa característica común principal é a presenza de concentracións elevadas de glicosa no sangue de maneira persistente ou crónica, debido xa sexa a un defecto na produción de insulina, a unha resistencia á acción dela para utilizar a glicosa, a un aumento na produción de glicosa ou a unha combinación destas causas. A diabetes débese a que o páncreas non produce suficiente insulina ou a que as células do corpo non responden aos efectos da hormona. Tamén se acompaña de anormalidades no metabolismo dos lípidos, proteínas, sales minerais e electrólitos.
A diabetes asóciase coa aparición de complicacións en moitos sistemas orgánicos, sendo os máis evidentes a perda da visión (retinopatía diabética) que pode chegar á cegueira, o compromiso dos riles (nefropatía diabética) con deterioración funcional progresiva, requirindo diálise e transplante, o compromiso de vasos sanguíneos que poden significar a perda de extremidades inferiores (amputacións) (véxase vasculopatía diabética), o compromiso do corazón con enfermidade coronaria e infarto agudo de miocardio, o compromiso cerebral e a irrigación intestinal; con todo, as complicacións máis prevalecentes afectan ao sistema nervioso periférico e autónomo. Todo isto significa unha carga moi pesada para o paciente que a padece e para todo o sistema de saúde pública.
Trátase dunha complexa doenza na cal coexiste un trastorno global do metabolismo dos carbohidratos, dos lípidos e das proteínas. É multifactorial pola existencia de múltiplos factores implicados na súa patoxénese. Estímase que a padece un 7,4% da poboación adulta (1995), cun valor esperado ao redor do 9% para 2025.
Os síntomas principais da diabetes mellitus son a emisión excesiva de ouriños (poliuria), o aumento anormal da necesidade para comer (polifaxia), o incremento da sede (polidipsia)´ perda de peso sen razón aparente e visión borrosa. Véxase tamén Rev Med IMSS 2000; 38(6): páx 477-495 En ocasións tómanse como referencia estes tres síntomas (poliuria, polifaxia e polidipsia ou regra das 3 P) para poder sospeitar da diabetes mellitus tipo 2 ou insulinorresistente, xa que son os máis comúns na poboación. Ademais destes síntomas, tamén está o cansazo, a dor de cabeza, o mareo e vista encandeada.
Unha revisión de 2018 chega á conclusión de que un dos posibles factores de risco para desenvolver tanto a diabetes tipo 1 é o glute e que a dieta sen glute durante o embarazo reduce o risco de que o bebé desenvolva diabetes tipo 1.
Etimoloxía A palabra diabetes provén do latín diabētēs, que á súa vez provén do grego antigo διαβήτης (diabētēs), que literalmente significa "un paso a través, un sifón". O antigo médico grego Areteo de Capadocia usou esa palabra, como o nome da enfermidade, co significado de "descarga excesiva de ouriños". A palabra "diabetes" rexístrase por primeira vez en inglés, nun texto médico escrito ao redor de 1425.
Como termo para referirse á enfermidade caracterizada pola eliminación de grandes cantidades de ouriños (poliuria), empeza a usarse no século I no sentido etimolóxico de «paso», aludindo ao «paso de ouriños» da poliuria.
A palabra mellitus (latín doce de mel) agregouse en 1675 por Thomas Willis cando notou que os ouriños dun paciente diabético tiña sabor doce (debido a que a glicosa se elimina polos ouriños). Introdución O páncreas é o órgano responsábel da produción da hormona denominada insulina. Esta hormona é responsábel da regulación da glicemia (nivel de glicosa no sangue). Para que as células das diversas partes do corpo humano poidan realizar o proceso de respiración aeróbica (utilizar glicosa como fonte de enerxía), é necesario que a glicosa estea presente na célula. Polo tanto, as células posúen receptores de insulina, que cando se accionan "abren" a membrana celular para a entrada da glicosa presente na circulación sanguínea. Unha falla na produción de insulina resulta en altos niveis de glicosa no sangue, xa que non é dirixida debidamente ao interior das células.
Para manter a glicemia constante, o páncreas tamén produce outra hormona antagónica á insulina, denominado glicagón. Ou sexa, cando o nivel de glicemia cae, secrétase máis glicagón para restabelecer o nivel de glicosa na circulación.
Os pacientes diabéticos teñen maior propensión a desenvolver hipertensión, arteriosclerose, doenzas oculares, doenzas renais, e deben estar atentos ás feridas non cicatrizantes nas extremidades (pés, pernas, e mans) que poden levar á amputación do membro.
Clasificación Actualmente existen dúas clasificacións principais. A primeira, correspondente á Organización Mundial da Saúde, na que recoñecen tres formas de diabetes mellitus: tipo 1, tipo 2 e diabetes xestacional (ocorre durante o embarazo), cada unha con diferentes causas e con distinta incidencia e a segunda, proposta polo comité de expertos da Asociación Americana de Diabetes (ADA) en 1997. Segundo a ADA, os diferentes tipos de diabetes mellitus (DM) clasifícanse en catro grupos:
A diabetes mellitus tipo 1, na que existe unha destrución total (maior do 90 %) das células β, o que implica unha deficiencia absoluta de insulina. Representa entre un 5 a un 10 % das DM. A diabetes mellitus tipo 2, xerada como consecuencia dun defecto progresivo na secreción de insulina, dun aumento da resistencia periférica á mesma e dun aumento da produción de glicosa. Representa entre un 90 a un 95 % das DM. A diabetes xestacional, que é diagnosticada durante o segundo ou terceiro trimestre do embarazo, onde moitas veces é transitoria e a propia cura é o parto. Diabetes producida por outras causas: Defectos xenéticos da función das células β (por exemplo, distintos tipos de diabetes monoxénica ou diabetes tipo MODY, diabetes neonatal). Defectos xenéticos na acción de insulina. Enfermidades do páncreas exócrino (por exemplo, fibrose quística). Endocrinopatías (por exemplo, acromegalia, síndrome de Cushing). Inducida por fármacos ou químicos (por exemplo, pentamidina, ácido nicotínico, glicocorticoides). Infeccións. Causas pouco comúns mediadas por mecanismos inmunes. Outras síndromes xenéticas asociadas con diabetes. Diabetes mellitus tipo 1 (DM-1) miniatura|upright|Ataque autoinmune en diabetes tipo 1. A diabetes mellitus tipo 1 comeza normalmente na infancia ou adolescencia, e caracterízase por un déficit de insulina, debido á destrución das células beta do páncreas por procesos autoinmunes ou idiopáticos. Só preto de 1 de cada 20 persoas diabéticas ten diabetes tipo 1, que se presenta máis frecuentemente entre en rapaces e nenos. Este tipo de diabetes coñecíase como diabetes mellitus insulino-dependente ou diabetes infantil, termos que xa non se deben utilizar. Nela, o corpo produce pouca ou ningunha insulina e as persoas que a padecen deben recibir inxeccións diarias de insulina. A cantidade de inxeccións diarias varía en función do tratamento escollido polo endocrinólogo e tamén en función da cantidade de insulina producida polo páncreas.
A insulina sintética pode ser de acción lenta ou rápida: a de acción lenta subminístrase ao espertar e ao durmir; a de acción rápida está indicada logo das principais comidas. O control rigoroso da dieta é importantísimo para o diabético tipo 1, debendo evitar carbohidratos simples (refrescos, doces,...) e tamén evitar grandes variacións de inxestión calórica. O diabético con dieta descontrolada pode ter episodios de hipoglicemia ou hiperglicemia, que se non son tratados a tempo poden derivar en secuelas ou levar mesmo á morte. A diabetes tipo 1 ten maior probabilidade de conducir á insuficiencia renal antes dos 50 anos, pero algunhas persoas presentan insuficiencia renal antes dos 30. Diabetes mellitus tipo 2 (DM-2) miniatura|upright|A redución da secreción e absorción de insulina conduce a un alto contido de glicosa no sangue. A diabetes mellitus tipo 2 (xa non se debe usar o termo Diabetes non Insulino-dependente), ten un mecanismo fisiopatolóxico complexo e non completamente coñecido. Parece haber unha diminución na resposta dos receptores de glicosa presentes no tecido periférico á insulina, levando ao fenómeno de resistencia á insulina. As células beta do páncreas aumentan a produción de insulina e, ao longo dos anos, a resistencia á insulina acaba por levar as células beta ao esgotamento. Desenvólvese frecuentemente en etapas adultas da vida e está asociada con frecuencia con obesidade. Varios fármacos e outras causas poden, tamén, causar este tipo de diabetes, e así é moi frecuente a diabetes tipo 2 asociada ao uso prolongado de corticoides, frecuentemente asociada á hematocromatose non tratada. Diabetes mellitus xestacional miniatura|upright|Un kit cun medidor de glicosa e un diario usado por unha muller con diabetes xestacional A diabetes mellitus xestacional ou DMG é aquela que aparece no segundo ou terceiro trimestre do embarazo en mulleres sen o diagnóstico previo de DM. Preséntase xeralmente en mulleres maiores, hispanoamericanas, afroamericanas, asiático-americanas, indíxenas pima ou nativas das illas do Pacífico. A DMG afecta ao redor do 2-5% de todos as xestacións. Entre o 20 e 50% destas mulleres desenvolven Diabetes Tipo 2 despois do fin do embarazo.
É o nivel máis alto de azucre no sangue que se presenta en calquera momento do embarazo dunha muller que non ten diabetes.
Cabe destacar que a DMG é o único tipo de diabetes potencialmente reversible, posto que o parto ou cesárea poden levar á resolución total da condición orgánica. En caso de transitar un novo embarazo posterior, a probabilidade de padecer DMG é maior con respecto á poboación de nais que non o fixeron.
A DMG representa riscos para a nai e o recentemente nado, sendo o aumento da glicemia entre as 24 e 28 semanas do embarazo un indicador de maior probabilidade de complicacións.
Durante o embarazo prodúcense grandes cambios no metabolismo, posto que o feto utiliza a enerxía da nai para alimentarse, osíxeno, entre outros. Isto implica ter diminuída a insulina, provocando esta enfermidade.Diabetes y embarazo. Entrevista co Dr. Salvador Gaviño Ambriz, aparecida en saludymedicinas.com.mx.
"Cabe mencionar que se ten maior risco de padecer este tipo de diabetes se se ten máis de 25 anos ao quedar embarazada, antecedentes familiares de diabetes, hipertensión arterial, demasiado líquido amniótico, se tivo un aborto espontáneo ou mortinato de maneira inexplicable, sobrepeso antes do embarazo, ou aumento excesivo de peso durante o embarazo". Outros tipos de diabetes mellitus Dentro da diabetes mellitus tipo 3 hai varios tipos de diabetes, que afectan a menos do 6% de todos os casos diagnosticados: Tipo 3A: defecto xenético nas células beta. Tipo 3B: resistencia á insulina determinada xeneticamente. Tipo 3C: doenzas no páncreas. Tipo 3D: causada por defectos hormonais. Tipo 3E: causada por compostos químicos ou fármacos.
Historia da diabetes mellitus miniatura|A diabetes, unha doenza planetaria. A diabetes mellitus xa se coñecía na antigüidade. No papiro de Ebers descuberto no Exipto, correspondente ao século XV antes de Cristo, xa se describen síntomas que parecen corresponder á diabetes. Foi Areteo da Capadocia quen, no século II da era cristiá, deu a esta afección o nome de diabetes, que en grego significa sifón, referíndose ao seu síntoma máis rechamante, que é a eliminación esaxerada de auga polo ril, expresando que a auga entraba e saía do organismo do diabético sen quedar nel.