thumb|217px|Gravado coa caricatura de Senesino e Francesca Cuzzoni. Francesco Bernardi máis coñecido como Senesino, foi un dos maiores castrati da historia. Nado en 1685 e finado en 1759 foi un dos cantantes predilectos de Haendel.
A súa tessitura de contralto e os seus magníficos floreos provocaban a admiración do público. Dise que a súa voz podía ser clara e aguda aínda que emocionaba co seu belo clarescuro nas notas máis graves. Os seus case dous metros facían a Senesino perfecto para os papeis de heroe. Entre os castrati é moi coñecido por estrar o 20 de febreiro de 1724 o famoso Giulio Cesare (Xulio César) de Haendel xunto a Francesca Cuzzoni.
Véxase tamén
Bibliografía Avanzati, E. The unpublished Senesino (catálogo: Handel and the Castrati, Handel House Museum, Londres, 2006), pp. 5-9. Dean, W. "Senesino", a The New Grove Dictionary of Music, 2003. Heriot, A. The Castrati in Opera, Londres, 1956, pp. 91-95 LaRue, C S: Handel and his Singers, Oxford, 1995, pp. 105-124 Mainwaring, J. Memoirs of the life of the late G F Handel, Londres, 1760.
Categoría:Nados en 1685 Categoría:Finados en 1759 Categoría:Castrati