Joaquín Ramón Martínez Rojas, nado en Caacupé (Cordillera) o 8 de agosto de 1945 e finado o 29 de xullo de 2010, foi un futbolista paraguaio. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria Na tempada 1968–69 xogou na dianteira do Deportivo da Coruña, sendo o cuarto dianteiro por detrás de Eduardo López Beci, Manuel Loureda e Elidio Cortés. Nesa campaña participou en 14 partidos e anotou 1 gol.

Na tempada 1969–70 Martínez conseguiu máis regularidade, participando en 23 encontros, pero o equipo descendeu a Segunda División.

Na tempada 1970–71 participou tan só nun encontro co equipo galego, que logrou o ascenso ao remate da campaña.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Nados no departamento de Cordillera Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña