Compostela y su ángel é unha novela en lingua castelá de Gonzalo Torrente Ballester, publicada en 1948 pola editorial Afrodisio Aguado, con ilustracións da autora romanesa Maria Droc. Publicada orixinalmente co título de Compostela, recibiu o título completo trala edición de 1984.
Historia A obra naceu por encargo da editorial co gallo da celebración do Ano Xacobeo. O autor dá a súa visión sobre a vila de Santiago de Compostela, onde foi alumno e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Amais de falar dos aspectos históricos e arquitectónicos da cidade, dá unha perspectiva do mundo fantástico e misterioso das súas xentes.
No ano 2010 saíu do prelo unha edición facsímile publicada pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester xunto co Consorcio de Santiago conmemorando o ano xacobeo e o centenario do nacemento do autor.
Categoría:Novelas de Gonzalo Torrente Ballester Categoría:Novelas ambientadas en Santiago de Compostela Categoría:Camiño de Santiago Categoría:Obras literarias de 1948 Categoría:Novelas en castelán