O vello e o mar (na versión orixinal en ) é unha novela escrita polo autor estadounidense Ernest Hemingway en 1951 en Cuba, que foi publicada en 1952. Trátase do maior traballo de ficción producido por Hemingway publicado durante a súa vida. É unha das súas obras máis soadas e céntrase na personaxe de Santiago, un envellecido pescador que loita cun xigantesco peixe vela na corrente do Golfo. The Old Man and the Sea foi galardoado co Premio Pulitzer de Obras de Ficción en 1953, e foi citado polo Comité dos Premios Nobel como contribución a que Hemingway recibise o Nobel de Literatura en 1954.

Foi traducido ó galego por Carlos Casares e foi publicado pola Editorial Galaxia no ano 1998.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Obras literarias de 1952 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego‎