O Tampereen Pyrintö é un club de baloncesto da cidade Tampere (Finlandia), fundado en 1941 que compite na Korisliiga, a máxima categoría do baloncesto finlandés, así como na Baltic Basketball League. Disputa os seus partidos como local no Pyynikin palloiluhalli, pavillón cunha capacidade para 1.000-1.400 espectadores.
Xogadores Xogadores homenaxeados O 7 de febreiro de 2014, Tampereen Pyrintö colgou os seus primeiros dorsais do teito do Pyynikin palloiluhalli nos minutos previos a un partido. Os dorsais foron pendurados como homenaxe aos xogadores e xogadoras, así como exemplo para as xeracións futuras. Os dorsais non foron retirados, senón que continúan en uso. As personalidades homenaxeadas foron catro, das cales tres xogaran para Pyrintö en categoría masculina, e unha en categoría feminina:
Números homenaxeados de Tampereen Pyrinnön NºXogadorTempadas en PyrintöCategoría 5 Arvo Jantunen 1949-1966 Masculina 7 Olavi Ahonen 1960-1970 Masculina 10 Seija Leino 1982-19851987-1988 Feminina 15 Kalevi Tuominen 1952-1962 Masculina
Palmarés Liga finlandesa: 2010, 2011 e 2014 Prata 1958, 1980, 1981 e 2001 Bronce 2009 Copa de Finlandia/Copa da Liga de Finlandia: 1969 e 2013. finalista 2000, 2009 e 2011
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Tampereen Pyrintö
Ligazóns externas Web oficial do Tampereen Pyrintö Pyrinto Tampere eurobasket.com Tampereen Pyrintö basket.fi
Categoría:Equipos de baloncesto de Finlandia Categoría:Tampereen Pyrintö