O vermello (do latín vermiculus, "vermiño", a cochinilla) é a cor situada no límite inferior do espectro visíbel luminoso (por baixo desta lonxitude de onda está o infravermello que xa non é perceptíbel pola visión humana). Tamén se coñece como "rubio" ou "encarnado".

Uso, simbolismo e expresións coloquiais O vermello acostuma asociarse coa esquerda dunha forma xeral e co comunismo en particular. Unha das cores asociadas ao Nadal, xunto co verde e mais o branco. Representa o martirio na Igrexa católica, por analoxía ao sangue de Cristo. Na simboloxía chinesa, o vermello é a cor da boa sorte.

Galería de imaxes

Véxase tamén Outros artigos Lista de cores

Categoría:Cores