Rodolfo Martín Villa, nado en Santa María del Páramo, León o 3 de outubro de 1934, é un político español.

Traxectoria

Estudou Enxeñería Industrial en Madrid e foi o xefe nacional do SEU. Procurador en Cortes, foi Gobernador Civil de Barcelona entre 1974 e 1975. Ministro de Relacións Sindicais (1975 - 1976), Ministro da Gobernación (1976 - 1977) e Ministro do Interior (1977 - 1979). Ministro de Administración Territorial con Calvo-Sotelo (1980 - 1982) co rango de Vicepresidente. Foi senador por designación real (1977 - 1978) e deputado da UCD por León. Foi secretario de organización da UCD (1982). En 1985 ingresou no PDP e foi presidente do partido en Castela e León. En 1989 entrou en Alianza Popular, elixido deputado nese ano e ao ano seguinte forma parte da executiva do partido. Presidente de Endesa (1997 - 2002). Foi comisionado do Goberno para o Prestige. Na actualidade (2009), e dende o 2004Sogecable nomea a Rodolfo Martín Villa novo presidente, El País, 17/03/2004, é Presidente de Sogecable.

Notas

Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Ministros do Interior de España Categoría:Nados na provincia de León Categoría:Nados en 1934 Categoría:Políticos de AP Categoría:Políticos de UCD Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados pola UCD Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados por AP Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura) Categoría:Académicos de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas Categoría:Senadores de España por designación real Categoría:Gobernadores civís de Barcelona Categoría:Empresarios de España