Sebastià Sánchez-Juan, nado en Barcelona o 10 de novembro de 1904 e finado en 1974, foi un escritor catalán.
Traxectoria Colaborou en La Veu de Catalunya, en 1922 escribe o Segon manifest futurista (contra l’extensió del tifisme en literatura) e publica poemarios futuristas como Fluid (1924) e Constel.lacions (1927) paseniñamente deixa as avangardas para se inscribir no modernismo como en Poemas de promès (1933).
Apoia o bando franquista durante a Guerra civil española e tras rematar publica a escolma Prismes e consegue un traballo na delegación de Prensa e Propaganda en Barcelona. Deixa de escribir en catalán e publica en castelán obras como Régimen (1940), Sonetos (1949) ou Blanco y rosicler (1946). En 1952 volta ao catalán con Claror.
Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Nados en Barcelona