José Luis Méndez Romeu, nado na Coruña o 24 de xullo de 1951, é un político galego que milita no PSdeG.
Traxectoria Estudou pedagoxía. Foi concelleiro de Educación e Cultura do Concello da Coruña desde 1987 ata 2003 e presidente da Orquestra Sinfónica de Galicia (1994-2004). Tenente de alcalde e Concelleiro de Urbanismo (2003-2004). Foi tamén responsábel de educación do grupo socialista no Parlamento de Galicia mentres foi deputado (1997-2004).
Entre 2004 e 2005 foi secretario de estado de Cooperación Territorial no goberno español.
Exerceu o cargo de Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia dende o 2 de agosto de 2005 ata 2009.
Foi voceiro do PSdeG-PSOE no parlamento galego a partir de outubro de 2013. En 2016 presentouse ás primarias para candidato á presidencia da Xunta de Galicia pero foi derrotado. Dimitiu como voceiro parlamentario en maio dese mesmo ano e foi substituído ás poucas semanas pola pontevedresa Patricia Vilán.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia Ficha en galegos.galiciadigital.com
Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Corporación Municipal da Coruña 1999-2003 Categoría:Corporación Municipal da Coruña 2003-2007 Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia