Alfredo Suárez Canal, nado en Allariz en 1951, é un político galego.

Traxectoria Estudou matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela e foi profesor de ensino secundario. É un dos membros fundadores do BNG e da ING. Foi concelleiro en Allariz e deputado provincial de Ourense. Deputado no Parlamento de Galicia (1993-2005), e membro do Consello Nacional do BNG.

Logo dunha longa carreira política, foi nomeado conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, entre 2005 e o 2009.

Foi a cara visible do goberno galego na vaga de incendios forestais de 2006 en Galicia.

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Nados en Allariz Categoría:Nados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Concelleiros de Allariz Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia